Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

28/4/08

XA ESTÁ A SEGUNDA PARTE DOS MEGATOXOS!!!

Xa podes mercar na túa libraría, a segunda parte do libro Os Megatoxos, titulado: Os Megatoxos e a espada esmeralda.
E para os que non poden agardar, poden descargar un dos primeiros capítulos do libro de balde neste enlace:
Preme aquí
Neste outro enlace unha nova sobre a publicación:
Nova
Xa me contaredes que vos parece.

Apertas!!!

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, Anxo.Son Lorena do colexio: Fco. Vales Villamarín. Xa lín o capítulo que se podía descargar de balde. está moi interesante, estou desexando que me compren o libro. Espero que veñas outra vez ao meu colexio.

moitas apertas:

Lorena.

Anxo Fariña dijo...

Ola Lorena.
Grazas por escribir, e sobre todo por ler o capítulo. Vexo que te gustou, e iso é o mellor. A ver se outro día me paso de visita polo voso cole.

Apertas, Anxo.

Anónimo dijo...

ola, son irene, do instituto i.e.s felix muriel de rianxo. queria saber cantos libros dos megatoxos vas a escribir

apertas

Anónimo dijo...

Hola anxo tamen son rafa queria preguntarlle se faisca e ninfa acabaran saindo xuntos
grazas

Anónimo dijo...

ola anxo son outra vez rafael se non te acordas de cal era o meu colexo debuxaste a unha nena chamada sabela cunha espada nas costas

Anónimo dijo...

hola anxo son rafael do colexo ceip pintor antonio fernandez foi vostede a visitar o noso colexo eu son o neno que ia vestido de azul que preguntou onde se compra ese libro nos sei se me recorda xa comprei o primeiro libroe me pareceu moi guay.

Anxo Fariña dijo...

Ola Rafael si que me lembro de ti. Pero mellor non poñas datos persoais no blog como o email ou o tlf.
Se queres ver máis cousas dos Megatoxos eu as irei poñendo aquí.
Últimamente tiven moito traballo, así que agora poñerei máis.

E se queredes mandar debuxos podedes facelo nesta dirección de correo: megatoxos@megatoxos.com

Apertas.

Anónimo dijo...

HOLA anxo, son un rapaz do colexio de valaga chamome iago magariños gallego e queria formularche unha pregunta que me reconcome: o 2ºlibro dos megatoxos sera o ultimo?

Anónimo dijo...

HOLA anxo, son un rapaz do colexio de valag chamome iago magariños gallego e queria formularche unha pregunta que me reconcome: o 2ºlibro dos megatoxos sera o ultimo?

Anónimo dijo...

perdoa non se me da moi ben escribir no ordenador: o meu colexio é o cip de baño valga aínda ke agora estou no institutio do ies de valga se tiveses tempo tamén nos poderías dar unha visita a min e aos meus compañeiros agardo a tua resposta impaciente. un saúdo

Iago Magariños dijo...

Hola Anxo, son Iago, o rapaz do instituto de valga. Só keria decirche ke xa lin a 2ª parte do libro e quería saber se faras outra parte máis, xa que me deixaches moi intrigado.Un saúdo.

AYOUB HANINI dijo...

ola grazas por escribir este libro. A min gustoume moito.
Como se te ocorreu a idea?
encantado de que veñas ao noso instituto san paio.
Moitas grazas nos vemos no insti.
AYOUB

Anxo Fariña dijo...

Ola a todos.

Grazas por escribir. As vosas preguntas xa teñen resposta no último post. Así poderesdes saír de dúbidas sobre se vai saír un novo libro dos Megatoxos, ou como hai que facer para que vaia de visita ao voso centro de estudos.

Anónimo dijo...

ola somos Isabel e Lorena do ies Pedregal de Irimia de Meira. Estivemos lendo o capitulo que se pode descargar e gustounos moito. Encántanos os teus debuxos e sobre todo o que lle fixeches a Isabel no instituto. Esperamos que volvas pronto ao noso instituto.

saudos:
Isabel e Lorena.

Anónimo dijo...

NO NOSO COLE TIVEMOS QUE SALVAR UN LIBRO DE TODA A BIBLIOTECA DO NOSO COLE E ELIXIMOS ESTE.XA SE NOTA QUE CAUSANDO UN EXITO ROTUNDO.

UNHA APERTA DE MEL:
ADRIÁN M.B.

Anónimo dijo...

!oies! solo falades vos dous anxo fariña, irene e lorena.