Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos e mozas: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P. E todo isto sae da cabeza do seu autor, ANXO FARIÑA. Que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

11/01/10

2010. Grazas a ti, lector.


En primeiro lugar quero agradecer a todos os seguidores dos Megatoxos o voso apoio, sen el esta colección non tería chegado ao terceiro volume. Grazas a vós o que nun principio naceu como un soño, hoxe é o universo particular de Ninfa, Ruxe, Faísca, Lúa... Si, grazas a ti lector, que escolles aos Megatoxos nas librerías estes poden seguir existindo e vivindo contigo as súas apaixonantes aventuras. Grazas por ter paciencia ao ler este blog, pois xa sei que vou moi lento actualizando e contestando as vosas preguntas. Isto ten unha explicación sinxela, entre escribir, debuxar e visitar os institutos apenas me queda tempo. Pero este ano 2010 prometo ter o blog máis actualizado e ir contestando as vosas preguntas. Seguide escribindo!!! Me encanta recibir os vosos comentarios.

RESPOSTAS A PREGUNTAS COMÚNS NO BLOG:

--Sobre o 4º libro dos Megatoxos.
O 3º libro aínda acaba de saír hai pouco así que para o 4º teredes que agardar. Iso si, xa vos adianto que claro que haberá un cuarto libro dos Megatoxos, e que xa estou preparando o material para empezar a escribir.

--Sobre o final do 3º libro, "Os Megatoxos e os Templarios da Luz"
Moitos me pedides que explique o final do libro. Tedes que entender que aínda hai moitos mozos e mozas que non o leron aínda, así que non podo desvelar segredos. Os que esteades preocupados por Ninfa e Faísca tedes que ter paciencia e esperar polo seguinte libro, espero que aí se despexen as vosas dúbidas... ou quizais non? Xa sabedes que nos Megatoxos nada é o que parece.

--Sobre a miña técnica artística.
Se vos fixades no POST da portada do 3º libro (ver máis abaixo), vese claramente o proceso de ilustración. Primeiro un bosquexo rápido, para fixar a idea. Despois traballo a lapis azul. O seguinte paso é o entintado con rotuladores e plumilla. A partir de aquí o color leva varios procesos o tradicional e o dixital. O tradicional feito con témpera, acuarela y acrílicos. O dixital, escaneo para traballalo en Photoshop. Hai moitos programas, pero para min este é o mellor.

--Visitas aos colexios e institutos.
Xa sabedes que me gusta viaxar moito e estar en contacto con vós (os lectores), así que si non me vedes en feiras do libro ou similares, podedes intentar que vaia de visita ao voso centro de estudos. Como? é moi fácil. Tedes que falar co voso profesor/a para que se poña en contacto comigo directamente, ou coa editorial A Nosa Terra.




08/12/09

Xa nas librerías o 3º libro dos Megatoxos


Se non o atopas, pídeo na túa librería. O Megatoxos e a os Templario da Luz xa están por todas partes. :)



28/09/09

Xa están aquí!


Xa queda menos!! Lamento facer agardar tanto aos seguidores dos Megatoxos. No mes de outubro teredes nas librerías a terceira parte da saga, con importantes novidades para os personaxes principais!

19/08/09

Os Megatoxos e os Templarios da Luz










Xa falta pouco!

Este é o proceso da portada do libro. Desde a idea ao deseño final.
Saúdos, Anxo Fariña.


05/09/08

Póster Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Este é o proceso de creación do póster. Preme nas imaxes para velas máis grandes.


04/07/08

Bosquexos (2)


Para este monstro de pedra buscaba o aspecto dun simio, máis ben dun gorila. O aspecto variou moi pouco dos primeiros bosquexos ao resultado final.

01/07/08

Bosquexos (1)

Estes son algúns bosquexos para os personaxes novos que saen no segundo libro dos megatoxos: Os megatoxos e a espada esmeralda.
Xa irei subindo máis ao blog.

28/04/08

XA ESTÁ A SEGUNDA PARTE DOS MEGATOXOS!!!

Xa podes mercar na túa libraría, a segunda parte do libro Os Megatoxos, titulado: Os Megatoxos e a espada esmeralda.
E para os que non poden agardar, poden descargar un dos primeiros capítulos do libro de balde neste enlace:
Preme aquí
Neste outro enlace unha nova sobre a publicación:
Nova
Xa me contaredes que vos parece.

Apertas!!!

01/04/08

Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Xa falta pouco! Dentro de un mes todos poderedes gozar do novo libro dos Megatoxos. Para que vaiades facendo boca aí vai a portada do libro. E para a semana que ven colgarei do blog un capítulo do libro para que o podades descargar de balde.


03/03/08

Xa queda menos para a segunda parte de Os Megatoxos


Cando xa teña a data o comunicarei con tempo para que esteades atentos as librerías. Engado outro avance do libro, espero que vós guste.

13/02/08

Os Megatoxos e o aprendiz de druída. 2ª edición!!!

Tal e como indica o título o libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” chega a segunda edición, a si que nin vos podedes facer a idea do contento que estou. Así que para celebralo, poño unha imaxe (só unha parte para non desvelar nada) do segundo libro dos Megatoxos. Xa irei desvelando máis cousas deste novo volume.
Proximamente na librerías!!!

Axendas Megatoxos



Xa están aquí as Axendas escolares dos Megatoxos. Xa a venda por toda Galiza!!

Os Megatoxos de xira.



En primeiro lugar unha noticia das boas: o libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" está gustando moito tanto a moz@s como os que teñen algúns anos máis. :)
O debuxo posteado, é para incluílo nunha axenda escolar "Megatoxos" na que tiven que traballar a máis velocidade da que me gustaría.
Vaille moi ben ese rolo EMO co que está debuxado Ruxe, penso que o caracterizarei máis veces deste xeito.

08/02/08

DEIXA AQUÍ OS TEUS COMENTARIOS SOBRE O LIBRO

Os Megatoxos e o aprendiz de druída




06/02/08

Os Megatoxos



Ola a todos e todas. Ante a falta de tempo para facer unha web sobre os Megatoxos, decidinme por crear un Blog sobre eles. Deste xeito poderedes deixarme os vosos comentarios ou preguntas. Tamén aproveitarei este espazo para anunciar novas sobre os próximos libros que vaia escribindo, así como o proceso que me leva cada ilustración.

Apertas, Anxo Fariña.