Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!
9 comentarios:
xa estabas tardando
saudos
Pero para cando? Antes de acabar o ano ou para 2010?
Agardamos impacientes polas novas aventuras dos Megatoxos.
Biquiños
O lanzamento está preparado para o mes de outubro de 2009!
Xa sei que fixen agardar demasiado aos seguidores da serie. Espero que o terceiro libro vos goste tanto como me gostou a min escribilo.
Apertas.
Grazas!!! Entón xa falta moi pouco. O corpo férvenos de impaciencia; parecémonos a Faísca ;D
ola anxo son nico o neno do ies breamo o que debuxaches con cornos jeje e unha espada
É verdade que voi aparecer no cuarto?? porfa dimo e que se saise molariame moito
por certo vou comprar o terceiro
bicos e atalogo
Ola Nico.
Todavía non teño completa a trama do cuarto libro. Terás que agardar para ver aos novos personaxes.
Un saúdo.
O proceso do POST parece moi complicado. Non creo ter tan boa man para debuxar. Pero para escribir..
Cada un ten que facer o que máis lle guste, sexa debuxar, escribir, tocar o piano...
moi bo o libro!!!!
Publicar un comentario