Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

8/12/09

Xa nas librerías o 3º libro dos Megatoxos


Se non o atopas, pídeo na túa librería. O Megatoxos e a os Templario da Luz xa están por todas partes. :)


9 comentarios:

Lois dijo...

¿Canto vale o libro mais ou menos?

Eva dijo...

¡¡Vouno comprar xa!!

Anxo Fariña dijo...

Ola Lois.
Non sei canto vale exactamente, será mellor que o preguntes na librería.

Ola Eva.

Espero que che guste! Xa me contarás.

José dijo...

Aver cando o compro, teño moita intriga do que pase.Espero que guste moito.
Saludos!

sweetgirl dijo...

Gustoume moitisimo o libro. Sobretodo o romance de Faisca
e Ninfa... jeje...

Espero que haxa un cuarto libro e que sigas escribindo sobre estos persoaxes tan divertidos. Por certo, sabes se vai a haber unha axenda dos megatoxos? Interesame mercala.


Saudos!!

Anónimo dijo...

Hola
Estou lendo Os Megatoxos e os Templarios da Luz.E moi emocionante.Estou desexando qe saia o cuarto libro.Por certo Anxo,o meu colexio qeda cerca de Vigo. Porqe non vas visitalo?
TEBRA

Anónimo dijo...

Ola Anxo eu son do colexio San Tomé onde fuches a biblioteca para falar do teu libro "A Monstroescola" e gustariame moito que volveras a ir e se vas este ano pregunta por Alba Zels en 5ºB, se non che acorda eu fun quen che dixo: Necesitas unha axudanta?

Bueno pois eso que seria un pracer pra min que volveras ir a miña escola C.E.I.P. San Tomé en cambados pra falar do teu novo libro dos megatoxos recorda pregunta por min Alba Zels, se vas este ano pregunta en 5ºB se non pregunta en 6ºB. ¡¡¡Un preacer!!! Espero que verte pronto.
Un bico da tua maior fan.

Anxo Fariña dijo...

Para Sweetgirl:
Moitas grazas. Polo de agora non hai ningunha axenda nova dos Megatoxos. Pero si que está en proceso o 4º libro.

Para Tebra: Xa sabedes que visito tantos centros como podo. No post "Grazas a ti lector" explico como funciona.

Para Alba: Grazas polos teus comentarios :) e un saúdo.

sexygirl dijo...

É un libro q é entretido, pero pq hablo en gallego??????????? :)