Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

1/5/11

Outros traballos.

Como moitas outras persoas, mentres estudaba, tiven que traballar para poder facer fronte aos gastos. Un deses traballos foi nun centro de acollida de menores.

Estiven alí dous anos. Nese tempo, compartín a miña vida cos mozos que habitaban alí pois eu tamén vivía no centro. Foi unha experiencia complexa, con momentos agradables e outros moi duros.

O meu cuarto, estaba situado entre os dous cuartos dos rapaces. Dunha banda había nenos de oito a dez anos e, no outro, os maiores ata dezaseis. A miña era a planta cuarta dun edifico con dúas ás, unha de mozos e outra de mozas. Cada neno, cada nena que estaba naquel centro posuía unha historia detrás, unha historia que a moitos faría chorar, ou que outros non soportarían. Mais, se lles mirabas aos ollos, so vías a un neno coas mesmas necesidades de agarimo que calquera. Ben, pode que máis.


Algunhas noites -antes de durmir- acostumaba a contarlles historias ao grupo dos pequenos. Pode que fose alí onde naceu o meu gusto por contar contos, ou quizá xa ven de antes. En todo caso, aprendín eu máis dos rapaces do que creo que eles aprenderon de min. Gardo moitas lembranzas de aquel tempo e daquel lugar que, quizá algún día, decida pousar sobre o papel.

5 comentarios:

Marcos Fernandez dijo...

PORFAVOR ANXO PODERÍAS POR NO TEU BLOGUE A IMAXE DA BANDA DOS MEGATOXOS XA PINTADA E PREPARADA
GRAZAS

Anónimo dijo...

cres que volveras a encontrar edicion para os megatoxos?
E perdoa por non poñer nome, e que non teño correo

Anónimo dijo...

anxo cres que poderas seguir escribindo os libros do megatoxos, e que me muero por saber que pasa no se guinte libro.

Moitos animos.A! e moi in teresante a istoria do teu traballo.

Nereah IES LAMAS DE CASTELO dijo...

Anxo, son Nerea, unha rapaza do instituto onde estiveches hoxe. quería dicirche que grazas pola actividade que nos mandaches facer, foi realmente divertido e que me pareciches moi boa persoa, e agora con isto que puxeches no blog aínda o penso máis. Oxalá volvas outra vez! Por certo, eu tamén debuxo desde pequena , estou máis interesada no manga, pero os teus debuxos tamén son xeniais. Moita sorte!! E segue escribindo, agardo polo segundo libro de MEGATOXOS.

Anxo Fariña dijo...

Tomo nota da petición Sisi. Pero teño que buscala...

Anónimo. Non te preocupes por non poñer nome (se queres podes asinar ao final). A túa resposta está no post que publiquei hoxe!!! Os Megatoxos 4 estarán en xuño na rúa.

Anónimo2. Lee o último post :) E si, mentres existan lectores dos Megatoxos, eu seguirei escribindo. Xa veredes como o 4º libro non vos decepciona.

Ola, Nereah. Sempre que me invitan a un Instituto, e teño tempo, procuro ir a facervos unha visita. Grazas polas túas gabanzas.