Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

18/11/11

Sobre a presentación da Chave...


Ola, amigos.

A presentación do libro “A chave da Atlántida” foi un gran éxito. Grazas a todos.
Adxunto algúns enlaces que mencionan ao libro ou a presentación.
O Faro de Vigo. Elena Ocampo.
A voz de Galicia. Jorge Lamas.
Brétemas. Unha aperta, Manolo.
Trafegando Ronseis. Un bico, Gracia.

2 comentarios:

Pokemaestro dijo...

ola anxo,teño unha pregunta que me encantaria que me responderas,vas a seguir facendo libros sobre os megatoxos??

un saudo,christian

Anxo Fariña dijo...

Por suposto que si. :)
No 2012 van reeditarse os tres primeiros volumes, e como xa podes imaxinar, xa estou a pensar no 5.