Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

23/3/12

Presentación: Os Megatoxos e o aprendiz de druída.


Hoxe venres 23 de marzo presentarei o libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" no salón do libro de Pontevedra, ás 19:00 horas. Estades todos convidados!

A nova edición do primeiro volume da saga dos Megatoxos, ademaís dunha revisión, incorpora moitos detalles que quedaran no tinteiro na primeira versión. Poderedes saber máis sobre o incidente que dotou de poderes aos Megatoxos e o misterioso M.P. .

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito o teu libro A chave da Atlántida esperemos que saque moitos mais

Anónimo dijo...

Espero con impaciencia que saque quinto libro,no miño grupo de amigos estamos moi ilusionados cos seus libros,e a ver se algún día lle volvo a ver e me firma o carto libro que sintese marxinado Fdo:o seu máis impaciente admirador

Anónimo dijo...

Gústanme moito os seus libros. Quería preguntarlle cando se vai sacar o quinto libro dos Megatoxos, unha amiga miña esta enganchada á serie e a espera fáiselle unha tortura. Tamén gustaríame saber se A Chave da Atlántida vai ter continuación. Se me pode responder a estas dúas preguntas estarialle moi agradecida.

Anónimo dijo...

Estimado Anxo:
Sempre me gustaron moito os teus libros.Cando era pequeniña xa me lera toda a colección de “Antón e pompón” o que mais me gustaba deles era buscar aqueles bechiños aos que ti chamabas “pelelliños”. Cando empecei primaria tamén empecei a ler os libros de “Don Quixote e Breogán”. Aínda me acordo do meu querido Sancho, sempre pensando en comida!!
Uns anos despois, cando ía en 6º, na festa de fin de curso, déronos un diploma, e de regalo, o teu libro de “A Chave de Atlántida”, que lin durante o verán.

O outro día paseime pola biblioteca de Santiago a coller uns libros cando o vin… Na sección de rapaces maiores había un carteliño que poñía:

OS MEGATOXOS
Anxo Fariña

Ao ler o teu nome viñéronme a mente todas aquelas lembranzas de cando era unha nena, todos aqueles pelelliños cos que rira tanto,todas aquelas comidas que soñaba Sancho,todos aqueles nervios e intriga por saber quen era a chave e que ían facer finalmente coa Atlántida…Pero sobre todo,lembreime de aquela sensación que me facía sentir coma se me metera dentro dos teus libros e puidese velo todo.
Entón, sentín como unha sensación que me obrigaba a coller eses libros. Ese día, volvín a casa con dous libros dos megatoxos, A espada esmeralda e Os templarios da luz. Non puidera coller o 1º porque xa estaba emprestado.Agora, xa me lin toda a colección, e iso que a empecei o mércores pasado!! É que os teus libros son moi viciosos,o problema e que sigo sen poder ler o primeiro, parece que o emprestaron en todas as bibliotecas!! O bo, é que eses nenos vanse viciar coma min e como tantos outros e vanlle gustar tanto os teus libros que non van poder parar de lelos.Por iso pídoche que fagas un 5º libro dos megatoxos.Porque todos van querer saber que pasa na relación de Ninfa e Faísca, Ezbel e Lúa e quen vai escoller Ruxe; Exeria ou Lorena. Tamén queremos saber se o accidente co toxo mutante foi verdade ou non, se se vai facer esa guerra entre os humáns e Gaia á que só Ninfa pode defender, e queremos saber que era ese reloxo “estropeado” que lle deu Ezbel a Exeria e que tiña a seguinte inscrición.

O tempo voa, como as nubes,como as naves,como as sombras…

Por que esa inscrición estaba escrita nunha tumba da illa dos mortos de Venecia?
Espero que me contestes o mais pronto posible e que fagas un 5º libro no cal expliques todas as preguntas que temos os teus impacientes lectores.


Biquiños,ana

Anónimo dijo...

os megatoxos mooooooooooooooooooooooolan un montonazo,escribe un quinto libro!!!!NON PODO ESPERAR!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

hola,son paula, engancheime aos megatoxos e non podo parar!!necisito que fagas mais libros!!!!

OS MEGATOXOS MOLAN!!!!!!

Anónimo dijo...

hola paula, son marta, a de clase. Eu tamen me enganchei aos megatoxos.´
Isto vai para Anxo:

FAI MAIS LIBROS!!!!!!!!!!!!

(CON CARIÑO)


marta

Anónimo dijo...

hola soy claudia y soy madrileña, no es que se me dea muy bn el gallego pero... Aprove gracias a los megatoxos!!! Gracias de todo corazon. OS QUIERO MEGATOXOS!!!!

Anónimo dijo...

Lili

Teños os 3 libros primeiros dos megatoxos, da editorial A NOSA TERRA. O próximo día 14 deste mes teño un exame do libro 1 "O aprendiz de druida", pero a mestra dixo que tiñamos que ler o de edit. xerais, pero eu lin o que teño.
¿Qué diferencia hai entre os dous?

Anxo Fariña dijo...

Grazas por escribir, amigos.

Xa sabedes que as veces son un pouco despistado, e tardo en contestar, máis aquí van as respostas.

-O quinto libro: Os Megatoxos e o dragón de xade sae en outubro. Xa falta pouco!

-Polo de agora non teño pensado sacar unha segunda parte de "A chave da Atlántida", mais… quen sabe?

Anxo Fariña dijo...

Ola, Ana.

Moitas grazas polas túas agarimosas palabras, só por isto paga a pena o esforzo de escribir.

Como xa dixen, o 5 libro dos Megatoxos está xa no forno, e quédalle mii pouquiño para chegar ás librerías.

Como podes imaxinar, eses interrogantes nos libros non os podo contestar, pois forman parte da trama. ;-)
No próximo libro "Os Megatoxos e o dragón de xade" que está ambientado en Xapón, dou resposta a algunha desas cuestións.

Apertas, Anxo.

Anxo Fariña dijo...

Para Paula, Marta e Claudia.

Nos vos preocupedes que a jiña cabeza xa está pensando en máis aventuras. Grazas por estar aí, amigas.

Para Lili.
A diferencia é que na primeira versión do libro (A Nosa Terra) non puiden meter todo o texto por razóns editoriais.
Por iso cando saíu en Xerais, aproveitei para incluir todo ese material, e así mellorar o libro.

Anónimo dijo...

Me gustou moito o libro. Foi moi impresionante. grazas pola túa visita ao colexio Maria Auxiliadora.

Anónimo dijo...

este libro entretiume moito vendo os personaxes usando os seus poderes e evolucionandoos, e tamén axudoume a descubrir moitas cousas que non sabia de min, espero grandes cousas desta colección







con cariño ANONIMUS

Anónimo dijo...

Ola maxo.Fue un orgullo para mi presumir de que vinieses a mi colegio (SALESIANOS VIGO). O libro que lin estaba moi pero que moi interesante a pesar de que algúns matices no os entendese.

Anónimo dijo...

hola amigo o teu libro non foi moi divertido pero bastante entretenido mencantou

Anónimo dijo...

Holiwis Anxo,
fai mas libros me gustou mucho me muero por leerlos todos

Anónimo dijo...

Hola Anxo: o teu libro me encantou non poido dexar de pensar nel foi un dos meus favoritos

Anónimo dijo...

Ola Anxo. Grazas polo libro dos megatoxos, mandáronmo ler para o colexio e me encantou, tamén teño que darche grazas pola túa visita o Colexio. Bueno pois moitas grazas por todo.
SEGUE ASI!!

Anónimo dijo...

Ola Anxo. Grazas polo libro dos megatoxos, mandáronmo ler para o colexio e me encantou, tamén teño que darche grazas pola túa visita o Colexio. Bueno pois moitas grazas por todo.
SEGUE ASI!!