Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

16/12/14

Presentación no Culturgal 2014

Anxo Fariña culturgal

Presentación de "Os Megatoxos e o dragón de xade", publicado por Xerais, en Pontevedra, no Culturgal. Unha feria de industrias creativas que sorprende e agrada tanto aos visitantes como aos que participamos nela. Parabéns e ata a próxima, amigos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola , Anxo. Estou escribindo un comic, e nada mais empezar estou bloqueada.Como resolvo? A ti te pasou algunha vez? Que fago??

Anxo Fariña dijo...

Cando me acontece algo semellante, o que fago e deixar ese proxecto en concreto e poñerme a facer outra cousa.
Tamén aproveito para ir correr, ou facer exercicio, iso despexa a cabeza e axúdame a atopar unha solución ao bloqueo.