Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

16/2/18

Presentación e sinatura ilustrada en Vigo

Ola amigas e amigos.
O venres 23 de febreiro ás 19:30 presentarei o novo libro dos Megatoxos.

Os Megatoxos e a batalla de Rande

Será na Casa del Libro de Vigo. Rúa Velázquez Moreno, 27.

Ao rematar, farei unha sinatura ilustrada. Así se queres que che faga un dos teus personaxes favoritos nun libro, aproveita!
Espero que veñades tod@s!


No hay comentarios: