Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

27/11/19

Ola amigas e amigos. Apuntade a data! O domingo 1, 18:00, no Espazo Infantil do Culturgal 2019 2019 farei un Obradoiro✍️ *Ilustración fantástica* arredor do libro "Os ecos do lume"
E, a partir das 18:30, ✏️sinatura ilustrada no stand de XERAIS de todos os meus libros, Ecos do lume, MEGATOXOS, Gliz, 4_Xinetes...
Vémonos o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra ;)

1 comentario:

Nicolás dijo...

Ola Anxo, chámome Nicolás. Quería saber se vas publicar un novo título dos megatoxos próximamente. Lin toda a coleción estes días e estou desexando unha nova aventura. Parabens.