Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

28/9/09

Xa están aquí!


Xa queda menos!! Lamento facer agardar tanto aos seguidores dos Megatoxos. No mes de outubro teredes nas librerías a terceira parte da saga, con importantes novidades para os personaxes principais!

13 comentarios:

Alma Errante dijo...

Qué bonitos son os debuxos!!
Encántame cómo debuxas :) e tamén desfrutei moito cos teus libros.

Encantaríame ser escritora e ilustradora coma ti!

Saúdos!

Anónimo dijo...

anxo teño sabido que un dia deste mes vas vir por baiona ao cpi cova terreña.se vas verasme estou en 1º a. encantanme os teus libros.espero que mos firmes.
un saudo

Victoria dijo...

Son moi bonitos os debuxos!!! Xa acordoume cando vistes ao María Pita. Ti firmasteme o primeiro libro ca tuve dos Megatoxos.

Bárbara dijo...

Encantoume a terceira parte! É fantástica , non pensas escribir outro libro?? Agardo a túa resposta!!
Saudos!!

alala dijo...

os megatoxos e a espada esmeralda esta moi bn !! agora teño q ler o 3º!! espero q sexa tan bonito coma o outro ¡¡

Cris dijo...

Encantaronme os libros dos Megatoxos!
O meu preferido é o terceiro :)
Morro de ganas de ler o cuarto!!!
Espero que o remates pronto.
Por certo,paseino moi ben cando viñeches ao meu instituto (o IES Agra de Raíces de Cee)

Un saúdo.

Anónimo dijo...

oes Anxo, case non podo esperar para ler o proximo libro.
O terceiro encantoume!
Debuxas xenial e escribes mellor.

Beatriz dijo...

Anxo, encantoume o terceiro libro, mais ese final desconcertoume.
Non podo aguantar sen saber que pasa despois con Faísca e con Ninfa.
Por favor, tes que empezar o cuarto libro o mais preto posible.
e por favor non remates a historia co cuarto libro!

Grazas por facernos pasar tan bos momentos cos Megatoxos.

Samara dijo...

Encántame o terceiro libro, e non podo esperar ao cuarto.
Por certo, son do IES Isaac Díaz Pardo, a nena da "tortilla". Colguei o meu debuxo na miña habitación, e gustame moito.

Anónimo dijo...

Gustáronme moito os tres libros dos Megatoxos. Os personaxes que máis me gustan son Ninfa,Lúa, Exeria e Ruxe.
Espero que o cuarto libro chege rápido !!!!!

Eva dijo...

¡¡Ola!! Mañá vas vir ao instituto I.E.S. Xograr Afonso Gómez para dar unha charla. Teño moitas ganas de preguntarche algunhas cousas.A 2ª parte dos Megatoxos gustoume moitísimo. Na miña clase a todos gustounos moito o libro e quedamos coa intriga. ¡¡Vámolo mercar xa!!, que temos moitas ganas de lelo. Por certo... ¡¡VÉMONOS MAÑÁ!!
Un saúdo

Anónimo dijo...

Encántame os teus debuxos,fai pouco descubrín os teus libros.Gústame todos os teus libros dos Megatoxos pero tes que prometerme que pondrás máis debuxos.Espero que veñas o meu colexio.chámase C.E.I.P Arealonga en Vilagarcía .Tes que facer moitos máis libros.Chámome Nicolás Rodríguez González

Anxo Fariña dijo...

Para Alma Errante.
Moitas grazas. E se che gusta escribir e debuxar, non deixes de practicar, xa verás como cada día melloras e un día poderás ver publicadas as túas historias.

Para anónimo. Un saúdo moi forte aos do CPI Cova Terreña.

Grazas Victoria!

Para Bárbara: Grazas! Estou pensando en escribir o 4º, pero vou pouco a pouco. O 3º Aínda acaba de saír.

Para Alala: Grazas xa tes o 3º nas librerías, xa me contarás que parte é a que máis che gusta.

Para Cris: Moitas Grazas. Penso que a túa pregunta xa quedou contestada, pero cos vosos ánimos terei que poñerme a escribir XA! :) Un saúdo para todos os mozos e mozas do IES Agra de Raíces de Cee.

Grazas Beatriz: non te podo desvelar que vai pasar con Faísca e Ninfa, pero prometo non defraudarvos.

Para Samara: Un saúdo para ti, e para toda a túa clase!

Para Eva: Espero que vos gustase a miña visita. Un Saúdo.

Para Nicolás: Anoto a túa petición e este 2010 prometo subir máis debuxos. Saúdos!