Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

11/1/10

2010. Grazas a ti, lector.


En primeiro lugar quero agradecer a todos os seguidores dos Megatoxos o voso apoio, sen el, esta colección non tería chegado ao terceiro volume. Grazas a vós o que nun principio naceu como un soño, hoxe é o universo particular de Ninfa, Ruxe, Faísca, Lúa... Si, grazas a ti lector, que escolles aos Megatoxos nas librerías estes poden seguir existindo e vivindo contigo as súas apaixonantes aventuras. Grazas por ter paciencia ao ler este blog, pois xa sei que vou moi lento actualizando e contestando as vosas preguntas. Isto ten unha explicación sinxela, entre escribir, debuxar e visitar os institutos apenas me queda tempo. Pero este ano 2010 prometo ter o blog máis actualizado e ir contestando as vosas preguntas. Seguide escribindo!!! Me encanta recibir os vosos comentarios.

RESPOSTAS A PREGUNTAS COMÚNS NO BLOG:

--Sobre o 4º libro dos Megatoxos.
O 3º libro aínda acaba de saír hai pouco así que para o 4º teredes que agardar. Iso si, xa vos adianto que claro que haberá un cuarto libro dos Megatoxos, e que xa estou preparando o material para empezar a escribir.

--Sobre o final do 3º libro, "Os Megatoxos e os Templarios da Luz"
Moitos me pedides que explique o final do libro. Tedes que entender que aínda hai moitos mozos e mozas que non o leron aínda, así que non podo desvelar segredos. Os que esteades preocupados por Ninfa e Faísca tedes que ter paciencia e esperar polo seguinte libro, espero que aí se despexen as vosas dúbidas... ou quizais non? Xa sabedes que nos Megatoxos nada é o que parece.

--Sobre a miña técnica artística.
Se vos fixades no POST da portada do 3º libro (ver máis abaixo), vese claramente o proceso de ilustración. Primeiro un bosquexo rápido, para fixar a idea. Despois traballo a lapis azul. O seguinte paso é o entintado con rotuladores e plumilla. A partir de aquí o color leva varios procesos, o tradicional e o dixital. O tradicional feito con témpera, acuarela y acrílicos. No dixital, escaneo para traballalo en Photoshop con posterioridade. Hai moitos programas, pero para min este é o mellor.

--Visitas aos colexios e institutos.
Xa sabedes que me gusta viaxar moito e estar en contacto con vós (os lectores), así que si non me vedes en feiras do libro ou similares, podedes intentar que vaia de visita ao voso centro de estudos. Como? é moi fácil. Tedes que falar co voso profesor/a para que se poña en contacto comigo directamente, ou coa editorial Xerais.




22 comentarios:

Small is Sweet dijo...

Ola Anxo.Grazas por responder as nosas preguntas,moitos dos fans dos megatoxos estabamos intrigados polo 4º libro.Poderíasnos adiantar un pouco do argumento do libro?Pero se non queres desvelarnos ese valioso segredo...Poderíasnos dicir o título? ...porfavoooooor...


Bikiños

Anxo Fariña dijo...

Ola Piku. Polo de agora non podo adiantar nada sobre o 4º libro, nin sequera o título. Mais estade atentos porque vou ir subindo avances ao blog, sobre todo en forma de debuxo.

Saúdos!

Small is Sweet dijo...

Grazas por responder...por cierto...cal é o teu persoaxe favorito?
Enon me digas que todos gustanche porquee seguro que tes un favorito...
O meu é Ezbel...



Bikiños.

Eva dijo...

Ola!! Gustoume moito esta entrada!! E o que máis me gusta e que vas escribir máis a miudo no blog!! Por certo, non sei se che dixen xa, que eu son a nena esa que che deu o regalo nun instituto de Sarria, un que se chama, I.E.S. Xograr Afonso Gómez. Espero a túa resposta. Estarei a visitar todos os días o blog :D. E por certo o 3º libro dos Megatoxos, estame a gustar moitísimo. Ademais o final do 1º libro foi moi gracioso jeje
En xeral gustaronme moito os Megatoxos!! Saúdos!!

Anónimo dijo...

Cando vas a subir os debuxos que me dixeches que ias a subir?Espero impaciente...

Shomars dijo...

Ola. Son unha gran admiradora dos teus libros e teño moitísimas ganas de que saia a cuarta parte.

Unha aperta da tua seguidora
(entre outras)

Raphittah dijo...

denada eh!!!

Anónimo dijo...

a ver se botas o 4 libro,que estou moy intrigado

Anónimo dijo...

a ver se botas o 4ª libro, que estou intrigado no que vai suceder

Raquel dijo...

Ola!! son unha gran admiradora da túa escritura, e sobretodo dos megatoxos. Por certo unha preguntiña, xa sei que cha fixeron moitos nenos, pero... Cal é o teu persoaxe favorito?

Se queres dígoche cal é o meu: Lúa, por suposto, xa que é moi estudiosa, estricta e ten os poderes de facer maxia que ata a min impresióname. A verdade é que me identificaría moito con ela, pola súa actitude de mandona cos rapaces jaja.


Espero que saques o cuarto libro moi pronto, eu o leirei con moito entusiasmo e disfrutarei tanto coma os outros.

Bicos!!

Anónimo dijo...

Anxo, tes que, polo menos adiantarnos algo do 4º libro dos Megatoxos. Porfaaaaavoooooor....
E... quen e o teu persoaxe favorito. Non digas todos eh. O meu e Ezbel e Faísca. Non me decido...

ourensana dijo...

Teñounha pregunta para ti te sentes identificado con algun persoaxe ou todos teñen algo de ti

Anónimo dijo...

Ola Anxo!
Son unha alumna do C.E.I.P. Ponte dos Brozos o que vas visitar este venres.
Estamos moi ansiosos de que chegue o venres.
Sobre o libro: Encantoume! ao principio pola portada tíñame pinta de aburrido pero como se di: Non se debe xuzgar un libro pola portada.

PD.:Devorei o libro en 2 días e estou disposta a seguir lendo os seguintes.
Un saúdo Anxo!

Anónimo dijo...

Hola Anxo!

Quería facerche unha preguntiña:
Por que o nome "Os Megatoxos"??
A forma de ser de cada un dos personaxes vai adicado a alguén?

PD.: encantoume esta frase:

Para Lucía,
por tantas e tan poucas cousas
Grazas a eses amigos e familia que sempre estivestes aí.

(eRa unHa GraN AmiGa TuA?)
Que foi o que che díu a idea de esta historia?
Xa sabes, eses pequenos detalles que os verdadeiros amigos nos demostran con cada día que pasa.
Ese sonriso, esas risas, esas cousas que fan por ti... TODO demostra o que nos queren


CONTESTA PRONTO PORFAA!
uN biKIÑO e Un sAuDiÑOO AnxOo!

MissmoonGirl dijo...

Hola Anxo. Xa vai tempo que visitas o noso colexio, e me dixeron que tiñas un blog. Pois aquí estou!! Son unha fan dos megatoxos e por fin encontrei o teu blog!

Moitos saudos!!

laura dijo...

Ola Anxo.Haber cando sacas o 4º libro que estamos dexexandolo!
un saúdo.

Gabriela dijo...

Ola Anxo!
Encántame a saga dos Megatoxos,pero o terceiro libro deixoume confusa. Ninfa e Faísca teñen que estar xuntos!
Sobra dicir que Faísca e a miña persoaxe preferida :D
Espero que avises no blog cando publiques o 4º libro!
Un bico.

martmas dijo...

O meu fillo tolea por "Os Megatoxos" e oxe días das letras galega cando vin nun posto de libros o terceiro volume, menuda sorpresa levou... Eso sí, xa está preguntando polo cuarto. Creo que léense moitisimo máis deprisa que escríbense.
Enoraboa por esta estupena colección.

Anónimo dijo...

xa pasou tempo dinos porfavooor o titulo do cuarto libro!!!!!!!!!!!!!!!
a, e quen e o teu personaxe favorito???=????;)

Anxo Fariña dijo...

Unha boa nova para todos:
Xa estou a escribir o 4º libro dos MEGATOXOS!!!!
A data de lanzamento será no mes de novembro, se todo vai ben :)
Aínda non podo adiantar o título do libro, pero prometo telo decidido antes de que remate o verán.

Me preguntan se me identifico con algún personaxe en concreto.
Gústame moito a personalidade dos catro pero non me identifico con ningún en especial. Aínda que os meus amigos de toda a vida din que me parezo no físico a Faísca.




Un saúdo a todos e todas!

Anónimo dijo...

Anxo, ola, son Ari( o do primer comentario de que opinades de ezbel)pois, son do I.e.s a sangriña e como non encatoume cando nos visitaras (fae tempo xa, se non recordas non pasa nada) O meu personaxe favorito e Ezbel, xa que gustanme moito os poderes que utiliza, aparte de que no terceiro libro fixo unha habilidade nova. Non me acorda do nome, pero encantoume,e me podes dicir como mandar uns debuxos dos megatoxos que debuxei eu mesmo

Anxo Fariña dijo...

Ola Ari. Estou deseñando novas habilidades para todos os personaxes, pero irán saíndo pouco a pouco. Se queres mandar algún debuxo teu dos Megatoxos tes que mandalo a este enderezo:
megatoxos@megatoxos.com
Saúdos.