Ola todos e todas.
Como xa sabedes, estou a piques de rematar o 4º libro dos Megatoxos. Estou desexando que chegue as vosas mans e gocedes tanto coa lectura como eu estou gozando da escritura.
Se todo vai ben, estará nas librerías no mes de Novembro, Así que estade atentos! Irei subindo máis detalles e algúns bosquexos do novo libro.
Respondo a pregunta máis repetida do blog: Cal será o título do 4º libro?
OS MEGATOXOS. E A CARA OCULTA DE LÚA.
Aí queda iso :) no próximo post máis detalles da próxima entrega dos Megatoxos.
Xa queda menos!
8 comentarios:
Anxo,moitas grazas por responder...
Boa sorte co libro...Non podo esperar máis...Cal é o teu persoaxe favorito?
Non me digas que todos porque algún ten que facerche "Tilín"...
Saudos*
Que guaaaay!!! Por fin sabemos o título!! :D. Estou desexando ter ise libro nas miñas mans :D!! Estarei moi atenta ao blog.
Moitos Saúdos!!
Vai haber un 5º libro de megatoxos?
Xenial!! A espera por saber se habería un cuarto libro fíxoseme eterna. E espero que haxa moitos máis, porque é o que lle pasa a moitas series de libros, que empezan moi ben e ao final quedan a medias.
Moitos bicos.
Hola, son unha nena que admira aos megatoxos. Cando me enterei de que tiñas unha paxina sobre eles, entrei o antes que puiden. Agardo con moita espera a entrega dos megatoxos.
Un saudo, Piru Leta.
Vades sacar axendas para este curso??
Hola,Anxo estou desexando que sai o 4º libro.Gustoume moito a explicacion que deches hoxe no colexio A Maía pero sobretodo os debuxos es pero que volvas máis veces a pronto.
Vou contestando ás preguntas por orde:
Sobre o meu personaxe favorito. É un elección difícil, e ainda que vos poda parecer raro, en cada libro teño un favorito diferente. Incluso agora empezo a tomarlle agarimo aos xemelgos...
Grazas, Eva. Pero terás que esperar un pouco máis. Prometo non decepcionarvos!
Primeiro teño que sacar o 4º libro, pero a miña intención é seguir escribindo libros dos Megatoxos.
Anónimo e Piru Leta, vos recomendo que leades o último post, Megatoxos en perigo.
Polo de agora non vou sacar máis axendas. Pero é unha idea que me gustaba moito, así que quen sabe para o ano que ven?
Publicar un comentario