Ola a todos/as
Como sempre agradecervos as vosas mensaxes, pois me axudan a escribir e debuxar cada vez que me fallan as forzas.
Para que non se vos faga tan longa a espera polo 4º libro, subo unha imaxe del.
E vos preguntaredes... Que lle acontece a Faísca? Por que ten unha fotografía queimada na man? Terá que ver o debuxo co que acontece no final do 3º libro (Os Templarios da Luz)?
No cuarto libro saberemos máis datos do pasado dos personaxes que sen dúbida marcarán o seu futuro. Moitas veces pensamos que non nos afecta, pero feitos ocorridos hai anos poden saír a luz no noso comportamento posterior. Eses feitos do pasado de Faísca farán moi complicada a relación do mozo co resto do grupo, en especial con Ninfa. O resultado? Xa o veredes...
Espero que non se demore moito a saída as librerías do próximo libro dos Megatoxos, pois neste momento, xa non depende de min senón da editorial.
Un saúdo e até o próximo post, que prometo escribir nuns días, e no que subirei un avance da cuberta do libro.
13 comentarios:
wow, creo que xa sei o que pasa
ufff.. que ganas de mercalo!! agardo con moiita espera!!
Anxo, entón cando crees que estará o 4º libro nas librerías? Sobre o mes de Novembro? Agardo a túa resposta.
E por certo, o que dixeches de Faísca, creo que sei o que lle pode pasar :). Moitos saúdos desde Sarria!!
Eu xa sospeitaba,(por non dicir que xa me dera conta cando o leín no final do 3º libro),o que pasaba...Non o vou dicir,lóxicamente...Pero voute dicir isto...........
Quero o libro xaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!!
**Biikoos!!**
Vades sacar axendas deste ano?
Anxo...
Levo moito tempo intentando averiguar cal é a túa persoaxe favorita,pero nunca respondes a iso...Outras persoas tamén están na mesma situación que eu...
Non vou a parar ata sabelo,canto antes o digas mexooooor!!!!!!!!!XDD
Sauudos**
Eu tamén espero a que respondas unha pregunta: Cal é a túa persoaxe preferida?
A miña sen dudalo é Faísca, encántame!
Espero con ansias o 4º libro!
Unha aperta, Gaby
gustoume moito os tres libros sobre todo o de e a espada esmeralda . a persoaxe q mais me guata e faisca .e o q menos e Ezbel pero a istori non seria a mesma sen el un abrazo e espero mais libroos sobre os megatoxos , encantoume cando faisca collera a espada e conseguira todo ese poderr .
Teño tantas ganas de q saia o libro que emoción!!!!espero con moito entusiasmo este 4ºlibro
grazas por seguir escribindo libros anxo,e grazas por vir o ano pasado o ies de vios.
Estamos en Novembro e... aínda non saiu o libro.
gustoume moito o libro!
grazas por escribir asi!
Vou un pouco retrasado contestando, pero alá vou.
Moitos de vós o rematar o terceiro libro, xa podíades intuir que as afirmacións de Ezbel non eran palabras no aire. Nuns días saberedes a que me refiro.
Ola, Pablo. A estas alturas non sei se sacaremos axendas, pero a min me encantaría.
Xa sei que Faísca é o personaxe favorito de moitos rapaces, pero eu sigo mantendo o secreto sobre cal é o que máis me gusta. :-)
Sobre Ezbel. Xa sei que a moitos non vos cae ben, así que levaredes unha sorpresa cando leades o 4º libro.
Unha aperta a tod@s e seguide escribindo que me encanta saber o que pensades.
Publicar un comentario