Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

13/3/11

Os Megatoxos en perigo

Amigos e benqueridos lectores.

Hai meses que todos preguntades pola cuarta entrega da saga dos Megatoxos. Como xa comentei en anteriores post, xa teño o libro rematado desde hai tempo. Entón -vos preguntaredes- , por que non está nas librerías? Por outra banda, teredes comprobado que tamén é difícil atopar os libros anteriores á venta.
Que está a pasar cos Megatoxos?

Gustaríame ter unha explicación sinxela, pero non existe. Así que tentarei dar unha versión que poidades entender.
Ás veces, no universo dos libros, hai máis elementos que os autores e lectores, están as empresas, as editoriais.
A editorial que ata este momento publicaba os meus libros chamábase A Nosa Terra ou Promocións Culturais Galegas S.A. Hai case un ano, a editorial deixou de pagar e cumprir coas súas obrigacións. Tamén deixaron de reeditar os primeiros libros dos Megatoxos, a pesar do moito que vos gustan, e do solicitados que estaban.
Pese aos meus intentos por facerme co control da colección e intentar publicar noutra editorial, Promocións Culturais Galegas, non me deixa. Si amigos, por culpa desta empresa, os Megatoxos poden desaparecer.

Pero desde aquí podo garantirvos que seguirei loitando para que os Megatoxos sigan coas súas aventuras. Por que, para min, os Megatoxos son parte de miña vida, e deixar esmorecer aos Megatoxos é como perder unha parte de min mesmo. E aínda que podo escribir novos libros, non me gustaría que Ruxe, Faísca, Ninfa, Lúa, a profesora Larafuzas, o profesor Burela, Ezbel, Exeria, Lorena... esvaecesen para sempre por culpa dunha empresa.

Corren tempos difíciles, amigos, máis espero que a cordura impere nesta inxustiza, e os Megatoxos volvan a vida.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

non pode ser!
que inxustiza, co que me gusta a min os megatoxos!

cernekernel dijo...

Já o dizia o Castelao: rapazes, a Nossa Terra non é nossa...!!! :-(
Sorte e adiante com Os Megatoxos, senom que lhe vou mercar ao meu sobrinho polo seu aniversário, como todos os anos!!!

Anónimo dijo...

O certo é que Eyré, ese gran "loitador" pola liberdade e esa gran persona "humana" non é a día de hoxe máis que un corrupto ao servizo do poder mediatico (Jacinto Rey) e un traidor aos principios de A Nosa Terra e da xente implicada nese proxecto fai medio século!
Con ele, Acuña, Carballa, Veiga, C. LOrenzo Gil...uns ineptos.

Anónimo dijo...

Ese Anxoo!!Loitando por o que lle gusta..!!x3
A editorial non pode facer iso!!É unha inxustizaa!!

Anónimo dijo...

Son Gonzalo Vilas, que facía o suplemento Bule-Bule na extinta A Nosa Terra (ademáis doutras 7 páxinas cada semana). Máis dun anuncio dos teus Megatoxos teño metido naquelas páxinas, que tamén me valía para ter menos espazo que encher e inventar. Recibe o meu apoio diante destes (malos) mercaderes que tentan subsistir do talento doutra xente, e por riba sen pagar (ademáis do mal que pagaban cando o facían). Adiante!

Noguich dijo...

Teño unha idea:
- Se o final non che deixan, podes ir posteando no blog, ou noutra páxina, cada capítulo dos novos libros.

Anónimo dijo...

pero o mellor e ter o libro ai na estanteria, iso o deixaria como o ultimo recurso. Anxo sorte!!!!! Como dice o anuncio do gadis SUPERGALEGO!XDDDDDDD

Anónimo dijo...

anxoti podes consegegoloooo!
che mando todos os meus animos para salvar os megatoxos!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Co interesante que son

Eva dijo...

É moi inxusto! Eu quero seguir lendo historias e moitas máis historias dos Megatoxos. Espero que isto vaia ben e tamén que se publiquen os demais libros, porque eu son incapaz de vivir sen saber o final dos Megatoxos. Todos cos Megatoxos! Forza!

Anónimo dijo...

Ánimo.

2 de E.S.O dijo...

Estimado Anxo:
Chamome Mery e curso 2 de E.S.O do I.E.S Rio Cabe(Monforte de Lemos).Represento ao grupo de segundo do instituto e falo en nome de todos. O ano pasado, o instituto regalaranos o libro de os Megatoxos e a espada esmeralda posto que ti ibas a vir a Monforte a dar unha charla sobre os libros (recordo que ata dibuxaras a un compañeiro ao estilo Megatoxo). A toda a clase gustaralle moito (ata debatiramos que persoaxes seriamos se fosemos Megatoxos e como acabaria a historia). Dende o I.E.S Rio Cabe queriamos dicirche moita sorte e que non deixes de loitar polos Megatoxos que tes a xente (moita xente) apoiandote.
Bicos: Rapaz@s do Rio Cabe

Anxo Fariña dijo...

Moitas grazas, amigos.
Grazas polo voso apoio, grazas pola vosa forza, grazas por estar aí.
Seguirei soñando, escribindo, e defendendo o que é meu dos que pretenden usurpar a miña creatividade.