Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

24/5/11

MEGATOXOS 4!!!!!!


Ola, amigos e amigas.


Teño dúas novas que darvos: unha boa e unha mala.

A mala. Aínda non fun quen de solucionar o problema cos tres primeiros volumes dos Megatoxos (ver post “Os Megatoxos en perigo”). Así que polo de agora teredes que agardar pacientemente por unha reedición dos mesmos. Me encantaría que ese tema estivese xa resolto, que imperase a cordura nos dirixentes de Promocións Culturais Galegas (A Nosa Terra) e que me devolvan o que é meu, e por dereito perténceme. Mentres tanto, pídovos paciencia e sigo agradecendo as numerosas mostras de apoio recibidas. Só por vós paga a pena loitar!


E agora a boa nova: En dúas ou tres semanas... OS MEGATOXOS 4 estarán nas librerías!. Si, xa sei que tardaron moito, pero garántovos que a espera pagará a pena. Nova editorial, novo logotipo (xa está na cabeceira do blog), novo aspecto exterior e guía de personaxes no interior... en resumo: UNHA MARABILLA! Eu persoalmente estou encantado con este libro, sobre todo tendo en conta o mal que o pasei por culpa da outra editorial. Cheguei a pensar que era o fin dos meus queridos Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa. Mais non. Atopei unha nova editorial con xente estupenda que me apoia, e a cal encántanlle os Megatoxos.


En dúas ou tres semanas poderedes descargar un PDF cos primeiros capítulos de balde. E, mentres tanto... o proceso creativo dunha ilustración para que vaiades vendo o que está por chegar.





10 comentarios:

DELIO DOMINGUEZ DOMINGUEZ dijo...

encantanme os MEGATOXOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!_ANXO FARIÑA ES O MELLOR PORCERTO MEU PAI COÑECEUTE EN PERSOA CHAMASE DELIO DOMINGUEZ MENDEZ E EU DELIO DOMINGUEZ DOMINGUEZ O MEU CORREO E "delio99.007@gmail.com" ¡¡¡¡¡¡¡¡MEGATOXOS 4!!!!!!!!!!!!!

Al dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Al dijo...

Alegrome moito de que solucionases o problema, sei que te esforzaches por sair adiante e mereceste todo o noso respeto. Anxo espero que todo mellore ainda mais.
A propósito gustaríame que visitases o meu blog, non é tan bo coma o teu pero dediqueiche unha entrada para que vexas o que te aprecio, a sùa dirección é:
www.zacaríasyvicente.blogspot.com
escríbeo tal coma aparece escrito, ok?
Un saúdo de Alba Abelenda alias
AacPikachu

Marcos Fernandez dijo...

Que Ben quero leelo xa
porfavor podias dar unha data in pluck maid conveys grazas?o libro chamase como pixeras fai tempo no blogue Verdade?
Grazas

Al dijo...

Hola Anxo, alégrome moito de que conseguises saír adiante, sei que che costou moito e por iso te mereces todo o noso respeto e admiración.
Por certo, gustaríame moito que visitases o meu blog, non é tan interesante coma o teu pero en fín, é un blog, esta é a web. escríbeo tal como tá:
http://zacariasyvicente.blogspot.com/
Ahora é decisión túa, se queres visitalo ou non, un saúdo de Alba Abelenda Couto alias
AacPikachu

Anónimo dijo...

Moitas grazas por sacar a 4ª entrega dos megatoxos, en canto sexame posible comprarei o libro, os megatoxos encántanme e estou encantado de contar con máis entregas, segue así! :D

Anxo Fariña dijo...

Ola, Delio!
Me encanta a túa mensaxe chea de enerxía. Anímate e mándame un debuxo dos Megatoxos.

Ola, Sisi.
O libro estará na rúa na primeira quincena de xuño. Xa queda menos! O título é: Os Megatoxos e a cara oculta da Lúa. E xa se pode reservar nalgunha librería online.
Por certo... que significa: in pluck maid conveys?

Ola, Alba.
Moitas grazas polos teus comentarios. Lectoras coma ti son as que me inspiran para escribir máis e máis dos Megatoxos.
Visitei o teu blog e... está moi ben! Tes que poñerlle máis debuxos, moitos máis. :-)

Grazas, anónimo. Como xa dixen é cuestión de días. E como podes ver polo debuxo de Ruxe, neste novo libro hai momentos críticos para os seus protagonistas.

Marcos Fernandez dijo...

Person confindinme o k Che keria decir era k
podesme pasar cando podas a iMaxe dos megatoxos GRAZAS podemela mandar a marcosfan.ferpri@gmail.com
e a 2 a min encantame codigo lyoko esta mais o menos inspirado nel?garza
espero as tu respostaa
moitas grazas

Eva dijo...

Ola Anxo! Que boa noticia! Xa pensaba que me ía quedar sen final dos Megatoxos! Respecto ao novo logotipo, está moi ben e que sepas que o de antes tamén, os 2 son moi orixinales :). O 4º libro xa vai directamente a miña longuísima lista de libros para ler no verán, e asegúroche que o teu vai estar entre os primeiros! Teño moitísimas gañas de lelo! Teño unha pregunta: ¿Cústache moito facer os debuxos? Porque nótase que hai moito traballo realizado nos teus debuxos :). Eres un gran escritor.
Moitos saúdos desde Sarria

Anxo Fariña dijo...

Ola Sisi.
Os Megatoxos non están inspirados en código lyoko. E sobre as imaxes... se queres podes coller as que están no blog. Preme nelas e as podes descargar no teu ordenador co botón dereito do rato.

Ola, Eva.
Grazas polos teus agarimosos comentarios. Como podes ver, as ilustracións levan o seu tempo. Pero escribir tamén o é. Mais, como eu disfruto debuxando e escribindo, non me importa que sexa moito traballo.