Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

9/6/11

OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA



Xa chegou o día!

Por fin teño o libro nas miñas mans, e non podo estar máis emocionado. Despois de todo o sucedido... En fin, xa veredes cando o teñades diante, vaivos encantar. Pego o texto da promoción e unha imaxe do libro.

Apertas, Anxo.


Despois de vender 30000 exemplares dos tres anteriores títulos, Anxo Fariña volve con novas aventuras da saga dos Megatoxos. O título: Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa. O día 15 de xuño nas librerías.

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París.


A cara oculta de Lúa. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, ás veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.


15 comentarios:

Anónimo dijo...

guau que vien espero impaciente

Al dijo...

espero impaciente ler o novo libro, seguro que creaches unha obra maestra da que te podes sentir orgulloso.
Unha aperta de Alba Abelenda

Anónimo dijo...

estou impaciente por que saia moitas grazas por publicar uns libros tan magnificos

Anónimo dijo...

Grrr!! Estou a ver se me mercan o libro!! Non podo agardar máissss!!!! Grrr!! xD
Saudos*

Small is Sweet dijo...

Quéroo xaaaaaa!!!!! xP

Fan dos megatoxos dijo...

Ola, por fin teño o libro nas miñas mans! Ainda non o lin, pero empezo xa!, peleen Ezbel e Faisca, e o tipico Songoku contra Vexeta xD

Alba dijo...

Xa teño o cuarto libro dos Megatoxos nas miñas mans dende a feira do libro de Vigo e xa o lin.
É un libro fantástico, estaba tan interesante que o lin en dous ou tres días, e xa estou a espera do quinto.Eres un gran escritor, non é de extrañar que gañaras o premio Merlin de literatura infantil e xuvenil.

Mentres que agardo impaciente o quinto libro vou ir comprar o libro da chabe da Atlántida.

moita sorte segue así eres un modelo a segir para min.

Abur¡¡¡¡

Anónimo dijo...

espero que me guste o novo libro dos megatoxos e fagas mais

Anónimo dijo...

realmente gustoume este libro e espero impaciente o seguiente

Anxo Fariña dijo...

Grazas!!!!

O libro está a ser un éxito! Estou moi, moi contento de que vos guste.
Xa hau meses que lle estou a dar voltas ás ideas para o 5º libro, e vai ser espectacular. Polo pronto estou centrado na nova edición dos primeiros volumes dos Megatoxos, xa que os estou revisando e ampliando.

Unha aperta, Anxo.

silvia dijo...

este libro mandámono leer no colexio e é moi divertido espero impaciente ao 5º!!!

Anónimo dijo...

De parte dos alumnos de 1º de ESO I.E.S Espiñeira queriamosche agradecer a túa presenza no noso centro. Pasamos un rato moi agradable coa tua visita e o debuxo foi espectacular.
A obra é estupenda, esperamos que fagas moitos mais libros e que te inspires tomando un grolo de café... ;)
Saúdos, esperamos volver a verte por aquí.

Alumnos/as de 1º ESO I.E.S Espiñeira. Boiro.

Anxo Fariña dijo...

GRAZAS! Amigos de Espiñeira.
Eu tamén o pasei moi ben con vós.
Encántame falar dos Megatoxos cos meus lectores.

Unha aperta, Anxo.

Unknown dijo...

xa teño o 4º libro na biblioteca do meu colexio......Haber que tal!!!
de momento a min me encantaron os que lin!!!!!:))))

Anxo Fariña dijo...

Xa verás Marina como este amén che gusta. Pensa que ademáis o 5º está a piques de chegar...