Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

13/6/11

Premio Merlín «A chave da Atlántida» de Anxo Fariña, Premio Merlín de Literatura Infantil 2011


Ola amigos!


Estou moi emocionado e contento. O motivo: acabo de gañar o prestixioso Premio Merlín de Literatura infantil cunha obra que leva por título: “A chave da Atlántida”.

Non vos podedes imaxinar o que significa para min este galardón. Despois dos malos momentos pasados, esta semana dupla alegría: sae á venda o 4º libro dos Megatoxos e me conceden o premio Merlín. Que podo dicir... grazas, grazas, grazas. Ao xurado, aos meus queridos lectores, aos meus amigos, ás mestras e mestres, á organización do premio, aos bibliotecarios, ás libreiras e libreiros...

A festa-entrega celebrouse na illa de San Simón rodeado de moitos amigos dos libros, con comida, música, e moita, moita emoción.

Unha aperta, Anxo

Aquí a noticia:

O xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e seis obras, formado por Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «O carreiro das formigas», «Prometeo» e «Trampa de luz». Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Prometeo», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Anxo Fariña e corresponde ao título A chave da Atlántida.


A chave da Atlántida, a obra gañadora da 26ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, presentada baixo o lema «Prometeo», recupera o mito da busca da Atlántida, o continente perdido, asolagado, esa civilización antiga dos atalantes da que non se sabía en que parte do planeta quedou agochada.


Foron os científicos do chamado «Proxecto Prometeo» os que crearon A-cero, un ser humano artificial, un organismo sintético de silicio, un robot capaz de amosar curiosidade polos sentimentos humanos. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa de Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos no que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes.


A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que a un ritmo trepidante se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

enorabuena anxo

Al dijo...

jajajja me recialo claramente disfrutao.

adri dijo...

merecelo despois de todo polo que pasachese polo bo escritor que eres

Small is Sweet dijo...

Noraboaa Anxoo!! Merécelo!!
Saúdos!!*

Anónimo dijo...

hola anxo, xa fai un tempo que saliu o 4º libro dos megatoxos pero por algunha razon non o atopo na libreria nin en supermercados, ¿poderiasme decir a que se debe isto?
Gracias

Anónimo dijo...

anxo lla e leido el libro y esta genial¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Eva dijo...

Noraboa! Por certo xa teño o libro! Vouno comezar a ler hoxe! Bicos!

Alba dijo...

Felicidades Anxo¡¡¡¡Alegrome moito de que gañaras o premio Merlinde literatura infantil e xuvenil co libro:A chave da Atlántida.Teño moitas ganas de lelo, seguramente mañá mesmo o compro¡¡¡¡

FELICIDADES¡¡¡¡

Alba

Anxo Fariña dijo...

Moitas grazas a todos!

Alba, Adri, Lía, anónimos, Eva e Alba.

Para os que buscades os primeiros libros dos Megatoxos teño unha noticia: A partir de Xaneiro de 2012 empezará a reedición. Cos libros revisados e ampliados.

Unha aperta, Anxo.

Anónimo dijo...

Ola Anxo: o libro me pareceu moi bonito foi un exito.Foi moi bonito.
Espero (con gañas)que escribas o seguinte libro!!(:
Pavel 5ºC Colegio Los Sauces

Anónimo dijo...

Alegrome de que gañaras o premio merlin no ano 2011. O outro día viñeches ao noso colexio e dibuxaches a miguel, a verdade e que dibuxas xenial. No colexio os alumnos de 5º e 6º xa leimos "A chave da atlantida"E a min, encantoume!A ver se me compran algún libro dos megatoxos. Dalles recordos de todos nos a Antonio e a Rosa. Noraboa! E, chao! Saudos PABLO COSTAS 5ºC COLEXIO LOS SAUCES