Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

4/7/11

Feira do libro de Vigo


Ola, amigos.

O vindeiro sábado 9 de xullo ás 19:30 farei a presentación oficial de “Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa” na Feira do libro de Vigo, situada na Alameda.
Asinarei exemplares, farei algúns debuxos en directo e algunha sorpresa máis. Estades todos convidados!

22 comentarios:

Lía dijo...

Uishh!! A ver se podo ir!!
Saúdos *

Lía dijo...

Por certo Anxo ... deste libro, cal é a túa persoaxe favorita?

Anónimo dijo...

ui non creo que poida ir anxo.

Anónimo dijo...

eu non podo ir, pero conseguirei o cuarto libro, se non acaba no cuarto, digote que este veran no faias NADA!, que despois de tanto esforzo e sufrimento porque case e en van, nada de nada este veran, se vas a facer o quinto, digote eu que empezes en septembre.
Saludos: Ari (son un chaval non unha chavala XD)

Anónimo dijo...

non poderei ir,lo siento anxo

Iago dijo...

Hola, chámome Iago e son amigo de Daniel, este neno que leu cada un dos teus libros en dous días e lle encantaron os teus debuxos na feira do libro en Vigo, non sei se o sabías xa, que estaba emocionado por que veu de Ourense a pé feito por verte en persoa, caíchelles xenial e a min tamén me pareces moi majo, espero que fagas moitos máis libros, e con eles moitos máis nenos coa satisfacción de saber como eres.

Anónimo dijo...

Anxo olaaa, fai 1 ano xa, desde que viñeches a I.E.S a SANGRIÑA, eu non te puden dar as grazar por firmarme o libro, (estaba castigado) e cando mo firmaches tuven que marchar correndo. Por iso doutas aora, grazas ;) Mellor tarde que nunca jajajajaj, por certo agora vou para 3 de eso e sigo lendo os teus libros. Saudos ;)

Anxo Fariña dijo...

Ola!
Grazas aos que viñeron coñecerme á feira do libro en Vigo, es especial a Daniel que chegou desde Ourense. Unha aperta forte Daniel! Encantáronme os teus comentarios sobre Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa.

Con lectores como vós consigo as forzas precisas para seguir escribindo. Tal e como me suxire Ari, este verán pasarei unhas merecidas vacacións. Igual empezo a escribir ideas para o 5º... Pero con calma que aínda acabo de publicar o 4º. :)

Para o "anónimo" do Ies Sangriña. Penso que os Megatoxos se poden ler teñas a idade que teñas. Te sorprenderías se soubeses cantos adultos son fans dos Megatoxos!

Grazas de novo a todos por escribir.
Unha aperta, Anxo.

Daniel dijo...

Etiveches fantástico na feira do libro, en Vigo, encantoume. Parecéronme moi bonitos os teus debuxos que fixeches en directo. Ao meu amigo Iago que me acompañou a visita parecícheslle majo,e a propósito a miña nai tamén leu o primeiro libro dos megatoxos, e di que xa vai ler o segundo, porque gustoulle.

Daniel dijo...

A popósito, coñecín aos megatoxos a través do clube de lectura do meu colexio: "A Ponte",de Ourense. Nesa reunión comentamos o libro e encantoulle a todo o mundo.

Lía dijo...

Xa rematei o libro dos Megatoxos ...
... Xenial, solo podo decir iso!
Superácheste unha vez máis!
Xa estou esperando o quinto ...! xD

Anónimo dijo...

Noraboa polos teus éxitos! Estoute a escoitar agora mesmo na Radio Galega.
Moitos bicos
Irene Graña(campamento Xesteira dos anos 1989,90,91,...)

Anxo Piñeiro Barcia dijo...

Boas!
Parabens polo premio e pola última edición.
Fixenme seguidor do teu blog xa que me gustan os teus dibuxos e segun me contaron, a historia. Ainda non lein nada dos teu libros pero próximamente empezarei a lelos.
Gustaríame tamén q visitaras o meu blog sobre o meu cómic e dar a unha opinión sobre a historia, ainda q no blog non saia moito dela.
Un saudo! :3

SuperXeluquiña dijo...

Encántanme os Megatoxos e alégrome de que sairan adiante.
Por certo, a ver se Ninfa e Faísca se deciden a sair xuntos dunha vez !!!!!!!!!!!!!!!! Q ue para algo son os meus persoaxes favoritos!!!
adeus.
Ah xa teño o 4º libro e lino polo menos dez veces jejeej ;)

SuperXeluquiña dijo...

Encántanme os Megatoxos e alégrome de que sairan adiante.
Por certo, a ver se Ninfa e Faísca se deciden a sair xuntos dunha vez !!!!!!!!!!!!!!!! Q ue para algo son os meus persoaxes favoritos!!!
adeus.
Ah xa teño o 4º libro e lino polo menos dez veces jejeej ;)

DELIOWWE007 dijo...

hola anxxo son delio perdoa por non escribir en tanto tenpo,xa lin todos os libros e espero inpaciente o 5,referente a faisca eu pregutoche¿O PAI DE FAISCA E M.P?non me respondas so dime en que libro topari a resposta.UN FORTE SAUDO.

Anxo Fariña dijo...

Para Daniel: Moitas grazas e unha aperta forte. Con lectores coma ti, é un pracer escribir.

Para Lía: Grazas e un biquiño. Xa estou a pensar no 5º, pero primeiro teño que concentrarme na reedición dos tres primeiros.

Para Irene: Moitas grazas Irene, é un pracer verte por aquí. Unha aperta forte.

Encantado de coñecerte, Anxo. Pasa polo blog cando queiras, eu visitarei o teu ;)

Para Superxeluquiña: A relación de Ninfa e Faísca é un pouco rara, as veces parece que están moi namorados e outras... Non sei en que acabará. E se, de súpeto, aparece un terceiro entre os dous? Que pasaría?

Para Deliowee007: Non te impacientes. Polo de agora xa sabemos que o propio Faísca dubida da súa orixe, e que M.P. parece controlalo todo. Pero lembra: nos Megatoxos aínda quedan moitos misterios por descubrir, e nada é o que parece... Ou si?

miguelon.com dijo...

home non unha linea pero pareceme un libro aburrido xDDDDDd

Anónimo dijo...

Hola!!!!!Chámome Emilia e vou en 1ºda ESO:a profesora mandounos lelo ó principio parecíame aburrido porque non me gusta ler pero engancheime e non había nadie que me parara.Ecantoume o teu libro e espero que veñas ao colexio dos Remedios de Santiago!!!! BICOSSSSS!!!!! :) ;) Xd!!!

Anxo Fariña dijo...

Ola Miguelón e Emilia.

Miguelón non entendo a túa mensaxe O_o ???

Grazas, Emilia. Da organización das visitas aos institutos encárgase a editorial. Fala coa túa profesora e se hai sorte, pasarei a facervos unha visita.

Anónimo dijo...

Grazas Anxo por vir ao noso colexio despois de ler o te libro dos megatoxos. A min pareceume moi interesante, a pesares de que me liei un pouco, xa que non lin os primeiros.



LORENA

Anxo Fariña dijo...

Unha aperta, Lorena.
Encántame visitar os colexios e así coñecer aos meus queridos lectores coma ti.