Ola, amigos!
Xa estou de volta despois das vacacións. Coma sempre, utilicei estes días para viaxar e coñecer un pouco deste marabilloso planeta no que vivimos. E desta volta estiven nas antípodas, en concreto en Nova Zelandia. Un fermoso e incrible país que en certos momentos recordábame a Galicia. Tanto que incluso descubrín que alí tamén había toxos! Así que é posible que algún día os meus queridos Megatoxos pasen por Nova Zelandia, quen sabe...
Teño para vós moi boas novas. Como todos sabedes, agora podedes atopar nas librerías o 4 libro dos Megatoxos publicado por Xerais. Mais era imposible conseguir calquera dos tres primeiros libros, pois estaban esgotados. E agora... sorpresa! Xerais vai reeditar os tres primeiros libros dos Megatoxos no mesmo formato que o cuarto. Para esta nova edición vounos revisar e ampliar con novos detalles que no seu momento quedaran no tinteiro.
O primeiro libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” sairá a principios de 2012, xa vos concretarei a data.
Como podedes imaxinar, estou moi contento e cheo de ilusión por este novo comezo editorial.
MEGATOXOS POWER!
A imaxe é dalgo moi curioso que atopei en Nova Zelandia. Serán os ovos dun dinosauro mariño? Ou pegadas dos extraterrestres? Que pensades vós?
4 comentarios:
¡Que alegría Anxoo! ¡Jó, xa che botaba de menos eh! ^^
Que boas vacacións ... xP
¿A foto ...? según o que é estudado, creo que é pola continua erosión e meteorización das rochas, ao ser prolongada e non moi forte vai dándolles forma. Pode que me equivoque, pero creo que é por iso ...
¡Un saludo ...! ^^
Si, tiven unhas vacación incribles no outro lado do mundo. Cheguei coa cabeza chea de novas ideas para escribir e debuxar.
Apertas, Anxo.
A min encantaríame ir tamén a Nova Zelandia; respecto as rochas, non sei moi ben o que parecen, poden ser balóns primitivos petrificados, ou algúns obxectos para realizar un ritual máxico aboríxen; ou a erosion lles dera esa forma.
A primeira vez que o vin, a miña cabeza chegou a idea de que eran os ovos dun dinosauro ou quizá dun dragón.
Publicar un comentario