Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

3/11/11

Presentación "A chave da Atlántida"


Ola, amigos.

Quero convidarvos a todos á presentación do meu novo libro “A chave da Atlántida” gañador do premio Merlin 2011 e publicado por Edicións Xerais. O acto terá lugar na Casa del libro de Vigo (R/ Velázquez Moreno 27), o día 11 de novembro ás 8:00 da tarde. Espero vervos alí este venres. Haberá algo de comer, de beber, debuxos en directo e algunha sorpresa máis.

Ah! para aqueles que veñan co libro e me pidan que llo asine... levaran de agasallo unha ilustración especial de tiraxe limitada! Haberá só unhas poucas, así que xa sabedes!


O libro “A chave da Atlántida” xa se pode atopar en todas as librerías. Na próxima semana subirei máis ilustracións do libro.

Apertas, Anxo.

Este é un avance da historia :)

Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica

Aquí tedes unha crítica do libro publicada no Atlántico Diario. Grazas :)

En Edicións Xerais de Galicia, 143 páxinas. Anxo Fariña (Vigo, 1977), obtivo con este texto o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011, e xa van aló 25 anos dende que o primeiro Merlín (1986) foi, con todo merecemento, para a nosa amiga Ursula Heinze. O libro que hoxe brevemente recensionamos, é unha eficaz, entretida e bonita singradura de Anxo Fariña, un autor xa coñecido entre nós, e que non é a primeira vez que é galardoado polo seu labor artístico e literario. El propón que a enigmática e suxerente Atlántida da antigüidade ten porta e chave de aceso dende algún lugar das nosas illas Cíes. Trátase dunha historia que engaiola a calquera lector ou lectora que se achegue a ela. Polo cal, sen levar de conta a idadepara os que aparentemente foi elaborada, cabo de todo, convén reflexionar se é acertado ou non esta denominación de literatura infantil. Coidamos que non, e mesmo en todo caso convimos en que é un libro a cuxa lectura pódese adscribir calquera home ou muller, como o son outros relatorios da literatura universal que habita na memoria de todos nós. Os nosos parabéns ao autor pola súa aportación á literatura galega, e mesmo polas estupendas ilustracións que acompañanan o libro A Chave da Atlántica.

87 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo libro publicado Anxo, a ver cando podo mercalo. ^^
Un bico. :3

Anxo Fariña dijo...

Ola.

Moitas grazas polo teu agarimoso comentario, o libro xa o podes atopar nas librerías de Galicia.

Apertas, Anxo.

TrickTrickBoom24 dijo...

teño moitas ganas de ter o libro.

MikeTrick24 dijo...

xa teño reservado o libro.
Oxalá o teña pronto ;)

MikeTrick24 dijo...

XA TEÑO O LIBRO
XENIAL PARA MÍ (se é que é bo)jijijijijijijijiji

Anxo Fariña dijo...

Oes Trick, encántame que xa teñas o libro, mais penso que deberías mudar de avatar. Véxome repetido moitas veces XD
Apertas, Anxo.

Ouvi dijo...

Eu xa o pedín para que mo trouxesen por Reis. Oxalá sexa tan bo como os dos Megatoxos. Por favor Anxo non deixes nunca de escribir.

Unha aperta e un bico moi grandes.

Anónimo dijo...

alegrome moito polo libro publicado, noraboa ^^.

Casandra dijo...

oxala tivera tempo de mercalo na libreria :$.
Oiches, Anxo, tes ideas novas para algún libro dos Megatoxos?
Espero a tua resposta con impaciencia, adeus ^^

Anxo Fariña dijo...

Ola, Trick, anónimos, Ouvi e Cassandra.
Grazas a vós "A chave da Atlántida" está a ser un gran éxito.
Polo de agora non teño pensado deixar de escribir. Gústame demasiado para deixalo.
Teño moitas ideas novas para Os Megatoxos 5 pero, como podedes imaxinar, non podo desvelalas. :)

Anónimo dijo...

hoxe viñeches ao colexio Los Sauces de Vigo e acordome que retrataches a Miguel dun robot que tiña a man moi guai ¿ Acordaste ? eu creo que vou comprar algún libro da a saga "Os Megatoxos":),
un bico.
Andrés(Eu estaba na segunda fila)

Anónimo dijo...

Ola anxo,gustoume moito o debuxo e a charla que fixeches onte,espero que teñas xa os libros.Un saludiño:

Alex,5ºA,colexio os sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo,me encantou o teu libro``A chave da Atlántida´´.Me parece ben que publiques a segunda parte da Atlantida por favor¡¡PUBLICAAA!!.Un saudo
Alex Carro Colexio os Sauces,Vigo.

Anónimo dijo...

Ola Anxo,gustoume o dibuxo ¡QUE BEN DIBUXAS ANXO!seguro que te costou asinar todos os libros (Javi Abia colexio Los sauces) (estaba na primera fila e ría moito)

Anónimo dijo...

Anxo encantoume o teu libro da Chave da Atlántida foi moi interesante me gustaría moito que escribas a segunda parte porque quedoume moita intriga por favor publica a segunda parte.Un saludo Carlos Enrique do COLEXIO OS SAUCES.

Anónimo dijo...

Ola,Anxo encantoume o teu libro porque é moi creativo e a mí tamén
apasionanme os robots moitos bicos e espero que fagas o segundo libro.
E a última cousa, me gusta moito o debuxo que fixeches de Miguel.

Paula Imizcoz Dominguez
Colexio os Sauces Vigo Mos
Curso 5ºA

Anónimo dijo...

Ola, Anxo. Gustóume moito o teu libro da chave da Atlántida. Cando empecei a lelo, a intriga animábame a seguir lendo. A túa charla axudoume moito para entender algunhas das cousas da túa profesión, dos concursos e de como se poden cumplir os teus sonos escribindo un libro. Eu quero ser escritora e estou segura de que o que nos diseches me servirá para que me publiquen un libro no futuro. Tamén gustáronme os debuxos e o retrato do neno ao que elexiches.
Abrazos,
Teresa López Franco
colexio Los Sauces, Vigo. 5ºA

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Gustoume moito a túa conferecia do Xoves. Espero que saques a segunda parte do libro: A Chave Da Atlantia, porque nos deixastes a todos con moita intriga.Eu de maior gustaria ser coma ti, para escribir libros en distintos idiomas, e que a xente os coñeza. Dibuxas moi ben, que o saibas, e que o debuxo de Miguel estivo xenial. Vou comprar os libros dos Megatoxos para saber mais Galego do que sei.
Moitos Bicos:

María Celeste López Do Colexio Os Sacuces de Vigo.

Anónimo dijo...

O libro esta moi ben a parte de que dibuxas moi ben e é moi interesante ainda que A-0 ten moi mala sorte todos van por el.
Pero é moi valiente ao defender a Eva.Eu animoche a que fagas outro pero que A-0 e Eva vaian ao colexio e que vaia nos sauces.Eu creo que vas triunfar moito cos MEGATOXOS,sigue enviando libros por que vas gañar mais,no só o vas gañar coa CHAVE DA ATLANTIDA o vas gañar con moitos mais.Pedro Grandal SILVA Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

E un libro interesante e moi entretenido me encantou como está redactado e o seu contido
Andrés Vázquez Los_Sauces-Vigo.

Anónimo dijo...

Encantoume o libro da A Chave da Atlántida e o meu libro favorito
E tamén escribe a Chave da Atlántida 2
Jesús González Bouzón 5ºA
Los Sauces Vigo.

Anónimo dijo...

Bos días, a min o libro me gustou moito o tema da Atlántida e o de o primer ser humano articial(A-cero).Eu voto para que escribas a 2º parte do libro A Chave Da Atlántida.

Bicos,
Javier Garcia-Puente Blanco
5ºA Colexio Los Sauces(Vigo).

Anónimo dijo...

Ola Anxo. Son unha alumna do colexio Los Sauces Vigo. Onte viñeches ao colexio a dar unha charla, lamentablemente eu estaba mala. Gustaríame moito haber estado alí, os meus amigos din que debuxaste a un compañeiro: Miguel Diz,coma uno dous teus debuxos dos mutantes :) Aprecio moito o teu libro sobre a Atlántida e hoxe mesmo vou comprar os Megatoxos.

Lucia, 5ª, colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

hola anxo eu son Miguel o alumno que dibuxaches no colexio acordaste? encantoume o teu libro da cave de atlantida e xa estou buscando traballo en citroen. jajajaja bicos Miguel Diz 5ªc COLEGIO LOS SAUCES de vigo.

Anónimo dijo...

Ola Anxo cando vineches á nosa escola paseino moi ben.Doume un
pouco de tristura porque esquecín o libro na casa e no pudeches asinalo.Espero que o ano que ven leamos outro libro teu.

Bicos Alejandra FM
Colexio os Sauces 5ºC

Anónimo dijo...

Ola Anxo ,eu son unha alumna do colexio Los sauces Vigo. Pasamolo moi ben cando vineches ao meu colexio a explicar cousas sobre os teus libros, foi un día estupendo, aprendìn moitas cousas. Sentínme moi ben cando firmaches o meu libro, ``A Chave da Atlántida´´.
Raquel Pérez 5ºC COLEXIO LOS SAUCES VIGO.

Anónimo dijo...

Ola Anxo, son do colexio LOS SAUCES Vigo chámome Oscar non puiden ir ao colexio no día 19/4/2012.Estaba enfermo quería tanto coñecerte pero non pude ir.O teu libro estaba xenial me gustou moito.De donde sacaches as ideas?
Foi un dos libros que mais me gustou de todos os que lin.Quería tanto que me firmaches o libro pero non pude ir porque se fose seria un soño para min.
Un abrazo
Oscar Rocha 5ºC colegio LOS SAUCES

Anónimo dijo...

Ola Anxo: son Andrés e o 19 de Abril che pusen outro comentario e viñeches ao noso colexio Los Sauces de Vigo que me gustou cando retrataches a Miguel na pizarra, acordaste? pois eu quero que fagas a segunda parte do libro e o título podería ser "a illa perdida" e poderías engadir a miguel na historia jajaja . E Alvaro é o meu irman e firmachenos o libro. A min gustaríame levarme toda a colección da saga "Os Megatoxos" e mirarei nas Illas Cies a pedra da campá para recordarte.
Unha aperta moi forte,
Andrés Romero Souto 5ªc de Primaria do colexio Los Sauces de Vigo.

Anónimo dijo...

Ola Anxo encantoume a charla que diches no colexio,partÍn de risa con o do brazo de citroen, encantoume o teu libro da Chave da Atlántida e que saibas que vou mercar Os Megatoxos.Eu tamen vou de vez en cando as illas Cies pero nunca vin a pedra da Campá,espero que a próxima vez que vaia a vea.
Bicos. Paola Souto 5C Colegio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:

Encantoume o teu libro.
Foi moi divertido e apasionante.
Os personaxes son moi chulos.
Moitos bicos Martin Wizner 5º colexio Los Sauces.

Anónimo dijo...

ola Anxo:
o libro da chave de Atlántica gustoume moito.
A miña parte favorita do libro foi cando descubriron a Atlántica e cando A-0 desordenou a casa de Fran
e Eva.

Blanca
colexio los sauces
5ºC

Anónimo dijo...

Ola,Anxo:
O teu libro é moi interesante e gustaríame moito que publicases o segundo libro,Estou moi intrigada polo que vai pasar cos personaxes e coa Atlántida.Escribes e debuxas moi,moi ben(gutaríame ser coma ti).Desexoche moita sorte cos libros dos Megatoxos e co segundo libro(se o escribes,obviamente).Intentarei ler a saga dos Megatoxos para practicar mais galego do que sei.


Bicos,

Mireya Represa 5º,Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo!
Grazas por asinarme o libro. Encantoume o libro A chave da Atlántida,porque encántame moito os libros de aventuras e tamén gústame moito as Illas Cies.
Me gustan moito os debuxos que debuxas sobre todo o debuxo que fixeches a Miguel.Eu anímoche a facer o 2ªlibro da Chave da Atlántida,e se podes inclue a Miguel no libro colocando portas na fábrica de Citroen.Jajaja!

BICOS
Carla García García 5ºC
Colexio Os Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo
Grazas por asinar os nosos libros ainda que eu esquecín o libro pero ainda así paseino ben e gustoume o debuxo que fixeches para nós.


Bicos
Noa Peláez Alvarez 5ºc
Colegio Los Sauces.

Anónimo dijo...

Ola Anxo. Gustoume moito, encantoume a chave da Atlántida. Eu creo que deberías escribir una colección do libro.Fixeches moi bo traballo e debuxas moi ben. Debuxastes moi ben a Miguel no colexio e saliuche moi ben.
Unha aperta.
ALBA P.
5ºC Colegio Los Sauces

Anónimo dijo...

ola Anxo:
O teu libro gustome moito,os personaxes,a historia... todo, moitas grazas pola túa conferencia no noso colexio por certo... ¡¡encantoume o debuxo!!,e estou desexando que escribas o seguinte así o leemos todos,seguro que nos encanta,anímote a escribilo.
Lydia 5C COLEXIO LOS SAUCES

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son Ainhoa do colexio LOS Sauces gustoume a túa conferencia do xoves .Gustoume o teu libro,o meu curmán tamén ilustra libros coma ti e teño que dicirche que ti debuxas mellor ca el!!!! Encantoume o teu libro A chave da Atlántida e os meus compañeiros e eu amimamoste a facer a 2º parte.
Moitos bicos:
AINHOA JUNCAL LOS SAUCES VIGO 5ºB

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son unha alumna do colexio LOS SAUCES(Vigo).A min pareceme que tes moita imaxinación, e voto para que escribas a 2º parte.Me encanta a túa maneira de escribir.
Bicos
Aldara Vázquez 5ºB.

Anónimo dijo...

Ola Anxo son Alvaro un neno dos Sauces de Vigo o outro día (o XOVES 19)eu estaba ao lado do neno que te dixo o de a música de Frank Sinatra me gustou moito a túa representación e o dos robots.Espero que fagas un novo libro da Chave da Atlántida con novos perxonases.
Un bico,
Alvaro do colegio os Sauces 5B.

Anónimo dijo...

Ola Anxo eu son Alberto, gustoume moito o libro,espero que fagas a continuación.
Bicos
ALBERTO SÁNCHEZ 5B COLEXIO LOS SAUCES

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son un neno do colexio Los Sauces vou en quinto de primaria, e encantame o teu libro a Chave da Atlántida Eu te apoio para que fagas a segunda parte, teño moita intriga. Espero que na segunda parte dibuxes con música de Frank Sinatra!!!
Encantoume o cibor de Miguel diz.
Bicos de :
Pedro Pino LOS SAUCES 5ºB DE PRIMARIA

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son unha rapaza que quería contarche que o teu libro "A chave da Atlántida" gustoume moito. Agora o que deberías facer sería a segunda parte porque nos deixaches a todos con moita intriga.Eu agora vou leer Os Megatoxos. Bicos.
Nerea Pérez Gradín 5ºB. ( Colexio Los Sauces)

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
chámome Gabriel.Encantoume o teu libro e o teu dibuxo de Miguel.Foi moi gracioso, tamén me gustou a tÚa charla.E o traballo en Citroen no é mala idea.
Bicos.
Gabriel Mantilla,5ºB COLEGIO LOS SAUCES.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Chámome Alex, o teu libro encantoume e quería recomendarte un libro fantástico:MEMORIAS DE IDÚN. Seguro que te encantará ;]
Alejandro Martinez 5ºB Los Sauces
P.D.OS TEUS DEBUXOS SON FANTÁSTICOS:]

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Pablo, gustoume moito o libro DA CHAVE DA ATLÁNTIDA, espero que fagas outro.
BICOS.
PABLO VÁZQUEZ QUINTANA 5ºB CLOEXIO LOS SAUCES.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son Valeria vou no colexio Los Sauces Vigo .
Encantoume o teu libro .
Gustoume a túa conferenza do xoves e ademais debuxas fenomenal :):):)
jajajaja.Eu quero que escribas a 2ª parte do libro .
Moitos bicos :
Valeria Karpina colexio Los Sauces Vigo curso 5ºB

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son Valeria, e vou no Colexio Los Sauces Vigo.
Encantoume o teu libro e gustaríame que escribises a 2ª parte :-)
Bicos
Valeria Karpina 5º B

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son María de 5ºB do Colexio Los Sauces Vigo. Gustoume moito a túa conferencia do Xoves. Espero que saques a diante a segunda parte do libro:A Chave da Atlántida, porque nos deixaches coa intriga. Tambén encantoume o debuxo que fixeches do meu compañero Miguel Diz, acordaste? Eu de maior gustaríame poder escribir moitos libros en inglés. Eu sei moito inglés e encantaríame poder escribir os libros no meu idioma e que a xente coñezca os meus libros.
Moitos bicos.
MARÍA GONZÁLEZ 5ºB COLEXIO LOS SAUCES VIGO

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Adriana , a min me encantou o teu libro, me encantaría ler a segunda parte do libro.A Chave da Atlántida 2, grazas por vir ao noso colexio. Compartimos un rato moi agradable.
Gustoume moito como dibuxas.
Bicos adriana
Adriana gonzalez 5ºB Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Chámome Alba do colexio los Sauces do curso 5ºB, lin o teu libro, me gustou moito. Lembraraste do día que viñeches ao noso colexio e nos falaches do libro e tamén a pedra da Illas Cies é moi bonita, en veran vou a ir a vela, gustaríame que escriberas unha segunda parte do libro, encantoume o debuxo de Miguel, debuxas moi ben, encantame o teu libro e como escribes, os teus debuxos, vou a mercar libros teus seguramente estarán xenial.Espero que nos volvamos a ver, moitos bicos chaooooooooooooo!!!

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Estiveches aquí a semana pasada no colexio Los Sauces De Vigo, nos o pasamos moi ben contigo, espero que ti tamén.
O teu libro foi fantástico, encantoume, tamén gustoume moito o debuxo que lle fixeches a Miguel, foi impresionante.
Espero que nos volvamos a ver moitos bicos :) :) :)
Inés Costas 5ºB.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Manuel, gústame moito o libro que representaches no colexio os sauces espero que fagas outro bicos.
MANUEL BACELO PAREDES 5ºB COLEXIO OS SAUCES

Anónimo dijo...

Bos días Anxo:

A min o libro da CHAVE da ATLÁNTIDA me encantou. Eu voto por que empeces o 2º libro

Fernando Garcia Martinez
5ºB colexio Los Sauces (vigo)

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Gustoume moito a túa conferencia do xoves.Espero que saques a segunda parte da Chave da Atlántida, porque o libro gustoume moito :].E quero dicirte, que os teus debuxos son fantásticos.

Jorge O.C. 5ªB COLEGIO LOS SAUCES Vigo

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Adriana gustoume moito o teu libro. Gustaríame ler a segunda parte do libro. Pasei un bo rato o outro día.
Gústame como dibuxas.
Adriana Gonzalez 5ºB
Colexio Los Sauces.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Adriana, gustoume moito o teu libro. Gustaríame ler a segunda parte do libro. Pasei un bo rato o outro día.
Gústame como debuxas.
Adriana González 5ºB.
Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Espero que o pasaras ben na visita ao noso colexio.Foi moi entretida.
Gustaríame ler a segunda parte do libro.
Sigue escribindo así, mola moito.
Apertas,
Paula Colexio Los Sauces Vigo 6ºA

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Espero que o pasaras moi ben cando viñeches ao colexio ,nós o pasaramos moi ben e espero que ti tamén. Tes que saber que o debuxo que lle fixeches a Miguel ,gustoume moito.

Sergio.T 6ºA do colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Gustoume o teu libro mais ca outros,tamén espero que fagas unha segunda parte espero lelo.
Tamén gustame como debuxas.
MICHEL S.P 6ºA
Colexio Los Sauces.

Anónimo dijo...

Querido Anxo:
Moitas grazas por tomarte tempo libre para vir ao noso colexio.
Gustoume moito a túa pintura.
Eres moi creativo.
Gustarianos moito unha segunda parte do teu libro.
Moitas grazas por todo.
Laura s.
Os sauces
6ªA

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Gustoume moito o teu libro A Chave da Atlántida. Non fun a túa conferencia no Colexio Los Sauces pero dixéronme que foi moi boa a túa visita. Espero que sigas escribindo libros e que gañes máis premios literarios.

Yago Reigosa 6ºA
Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Yomara.
O libro que escribihes "A chave da Atlántida", gustoume moito.
Ten moita creatividade e imaxinación.
Pero Espero que publiques unha segunda parte do libro porque gustoume un montón.
Espero que se publicas unha segunda parte veñas outra vez ao noso colexio.
Porque ademais gustoume moito a charla.
E ademais debuxas moi ben.
E ademais estámolo plastificando para poñer nun marco, do ben que debuxas.
Espero volver a verte polo colexio.

Yomara Otero 6ª.A
Colexio Los Sauces.

Anónimo dijo...

Bos dias, Anxo:
Son un neno dos Sauces de Vigo lin o teu libro A Chave da Atlántida e gustoume moito e tamén a túa visita e grazas por vir ao noso colexio.

Iván M.B 6ºA
Colexio os Sauces

PD:debuxas xenial.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son johnny, gustoume moito o teu libro, sobretodo A-0,gustaríame ler a segunda parte do libro,gustoume a explicación do outro día,paseino moi ben,gústame como debuxas.
Johnny Martinez 6ºA
Colexio Los Sauces.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Encantoume o teu libro. Sobre todo os debuxos. Eu tamén son debuxante,
espero que volvas ao colexio para seguir debuxando a xente. :)
Un saúdo,

Amaia 6ºA
Colexio Los Sauces

Psd:Me gustaria que publicaras a 2ª parte de A chave da Atlantida

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son Fabio un neno do colexio os Sauces, gústoume moito a túa idea para facer o conto A CHAVE DA ATLÁNTIDA.
A mín gústanme as Ciés e as túas ideas para facer libros.

Sigue escribindo libros chachis.

Fabio Fernández Cid López 6ºA

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Hugo, gustoume moito o teu libro a Chave da Atlántida espero que saques a segunda parte, debuxas xenial e alégrome moito de que sexas escritor porque o fas moi ben.
Hugo Gourgues 6ºA
Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo:

A túa visita ao colexio Os Sauces foi moi enriquecedora para nós.
O teu libro da Chave da Atlántida foi coma unha gran aventura para nós.

Atentamente:Arturo Bernardez 6ºA.



Esperamos volver a verte.

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Eu son Alex, gustoume moito o teu libro ¨A chave da Atlántida¨ e a túa visita a Os Sauces!Un gran saúdo dun dos alumnos e un forte abrazo :)
PD: debuxas moi moi ben!
6ºA

Toya dijo...

Ola Anxo:
Gustoume moitísimo o teu libro "A CHAVE DA ATLÁNTIDA" é moi entretido gustoume tantísimo que o lin en 2 días encantoume a túa visita ao noso colexio "Los Sauces" debuxas moi moi moi moi ben. Espero que sigas facendo libros tan bos como este e os dos "Os Megatoxos" moitísimas grazas por vir ao noso colexio e tamén moitísimas grazas por ler isto.
Bicazos,
Toya 6ºA colexio "Los Sauces"

Anónimo dijo...

Ola Anxo :
Gustóume moito a túa visita ao colexio foi moi divertido , o teu libro " A Chave da Atlántida " é un libro con moita personalidade , acción... en fin precioso. Pero nós estamos impacientes por ver se sacas o segundo libro , quería comentarche sobre A-O o que me intriga é : Que pasou despóis con él? Sería feliz para sempre?
Son María 6ªA
Colexio LOS Sauces

Anónimo dijo...

Ola:
Son Santiago do colexio dos Sauces e te escribo para darche as felicitacións sobre o teu libro A Chave da Atlantida. É un libro magnífico. Pero a historia foi o mellor. Se vas facer A chave da Atlantida 2, vai ter máis exito. E espero que fagas un ciborg como o que fixeches na sala.

Son Santiago B. 6ª. Un bico. <;)

Anónimo dijo...

ola Anxo:
Son Marta,quero decirche que me encantou a túa visita, foi moi interesante,creo que nos deixaches moi abraiados. Pero o mellor e que me encantou o libro A CHAVE ATLÁNTICA. Foi xenial e creo que tes que facer a segunda parte co robot que debuxaches Miguel
BICOS!!!!!!!!!
Son Marta 6ºA. O colexio os sauces

Anónimo dijo...

Ola Anxo :
Gustóume moito a túa visita ao colexio foi moi divertido , o teu libro " A Chave da Atlántida " é un libro con moita personalidade , acción ... en fin precioso. Pero nós estamos impacientes por ver se sacas o segundo libro , quería comentarche sobre A-O o que intriga é: Que pasou despóis con él? sería feliz para sempre?
Son María 6ºA
Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola:
Eu non vin a túa conferencia do xoves no colexio os Sauces de Vigo pero gustoume moito o libro. xa me ensiñaron o debuxo que fixeches, moi bo por certo

xau!!!!
Jorge Borreguero 6ºB Colexio os Sauces

Anónimo dijo...

ola son carlos do colexio los sauces 6ºB o teu libro gustoume moito me gustaria ler a segunda parte
PD:nos vemos pronto
ATE:carlos varela

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Gustoume moito o teu libro da ´A chave da Atlántida´ e o debuxo que fixeches na visita a Los Sauces, a visita foi moi entretenida e graciosa.
Apertas
Alvaro Carpintero 6ºB Colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Olas Anxo:

Son David me encantou a túa visita espero que publiques o segundo libro da CHAVE DA ATLÁNTIDA e que me ensines a debuxar :P:P:P E que na segunda parte aparezca o robomiguel
UN SAÚDO
David 6ºB

Anónimo dijo...

Ola Anxo:
Son Alex, o teu libro me gustou moito.O dibuxo que fixeches no colexio los sauces foi moi bo, a ver se fas a segunda parte do libro da Chave da Atlántida.
UN SAÚDO:
ALEX.MÉNDEZ
;)un bico

Anónimo dijo...

Ola Anxo:

Este libro é interesante espero ler outro libro teu,jajaja XD LOL
Son Francesco do colexio los sauces.
Adeus

Anónimo dijo...

0la Anxo!
Son Rogelio do colegio Os Sauces do curso 6ºB quero decirche que os teus debuxos son moi bos e ti demostraches o anterior xoves como debuxas. Os teus traballos son moi chulos e o libro gustome.
P.D:jejejejejeje:)

Adeus,Rogelio :P:P:P

Anónimo dijo...

Ola son Manon:
O teu libro interesoume moito. A-O é un heróe moi ben inventado e moi ben debuxado. O meu personaxe preferido é Eva. Esperou que fagas a segunda parte.
Bicos

Manon Cloet 6ºB Colegio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola:
Gustoume moito a tú visita sobre todo o debuxo.
Vas a facer a continuación da CHAVE DE ATLÁNTIDA?
Bicos
Palina 6ºB colexio Los Sauces

Anónimo dijo...

Ola:
Son Carlos Varela do colexio Los Sauces 6º me gustou moito o libro e quero ter a segunda parte.
PD:nos vemos pronto.
ATE:Carlos Varela.

Anxo Fariña dijo...

Ola amigos dos sauces!
Un saúdo para todos e todas. O pasei moi ben cando estiven de visita no voso centro.
É unha marabilla compartir unha charla cun público tan estupendo e animado.

Un saúdo especial para: Alex, Andrés, Carlos Enrique, Teresa, María Celeste, Andrés, Javier, Lucía, Miguel, Aldara, Álvaro, Alejandro, Pablo, María, Jorge, Adriana, Jonny, Amaia, Fabio, Francesco, Marta, Alex, Santiago, Toya, Arturo.

Anónimo dijo...

Ola eu lin o teu libro "A chave da Atlántida" e gustóume moito.

Anxo Fariña dijo...

Grazas, amigo.