Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

3/10/12

Os Megatoxos e a espada esmeralda


Ola amigos.

Despois dun tempo sen escribir volvo ao blog para anunciar novidades. Xa está nas librerías a nove edición na editorial Xerais de “Os Megatoxos e a espada esmeralda”. Tal e como fixen no libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída", hai moitas novidades nesta nova edición que agardo vos gusten. A historia amplíase con máis detalles sobre os personaxes da saga e sobre as súas vidas.

Como curiosidade vos podo contar que a idea da espada esmeralda chegoume nun soño moi parecido ao que ten Faísca no libro. Lembro que, cando acordei, custábame traballo saber se xa saíra do soño, ou aínda estaba nel. Vaia pesadelo!
A algún de vós vos pasou algo semellante? Algún acordou dun pesadelo pensando que aínda estaba nel?


Fixádevos no aspecto que ten o libro! Estou encantado co resultado da edición e a nova portada.

Nuns meses, principios do 2013 veredes nas librerías a reedición do terceiro libro dos Megatoxos: Os Megatoxos e os templarios da Luz.
AH! e se queredes o calendario de 2012 dos Megatoxos, podedes descargalo aquí.


Para os que acaban de chegar a colección velaí vos deixo a sinopse do libro.
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos mestúranse nunha situación que porá a proba a súa amizade.



15 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola anxo, son Ana de novo, non sei se leras a meu comentario que esta na seción onde ti presentas a nova edcición do Aprendiz de druida. Espero que a leras e tamén os comentarios dos meus amigos. Tamén espero que nos contestes a min e a todos.

biquiños Ana

Anónimo dijo...

hola anxo son paula, unha das mellores amigas de ana, que xa me comuicou que fixeras mais cousas no blog. Eu tamen che comentei no mesmo sitio ca ana e espero que nos contestes pronto. Por certo, eu si que tiven un soño no que non sabia se estaba desperta ou se seguia durmida.Resulta que ao final estivera durmida mais falando en alto coma se toleara. resultou ser moi divertido ao final. contestanos pronto

Paula

Unknown dijo...

Ter que esperar ata o 2013 pra o quinto libro é un senvivir

daisy dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
daisy dijo...

Ola Anxo, eu chámome Daisy e conocía aos Megatoxos cando viñeches a Catoira a presentarnos o primeiro libro, eu daquela era unha nena.Como me gustara o argumento pedinlle a meu pai que me comprase o primeiro, o 2 e 3 collinos da biblioteca do colexio. Agora atopei o cuarto no instituto e quixen saber como se atopaban os Megatoxos, e do que teño lido estame gustando moito.
Respeto ao do soño eu tiven un no que soñaba que tiña un pesadelo e que despertara, pero resultara que era outro, despois espertei e xa foi a definitiva xD
Bicos e unha forte aperta.

Daisy

Anónimo dijo...

ola anxo,non sei se te acordaras de min do istituto ies cosme lopez av se ves otra vez a rua

Anónimo dijo...

anxo haber cando sacas o 5 libro

Unknown dijo...

Bu chorro abandoa proxectos eu cría que erasme de fiar

Anónimo dijo...

Queremos o 5 libro veña anxo!!

Yoel Diamond dijo...

Hola Anxo, teño moitas ganas de ler o quinto libro e saber o que pasará, sei que debe de custar moito escrivir todo un libro pero de seguro quedarache xenial.
Morro das ganas por conseguilo, asi que moitos animos para que o termines pronto.

Yoel

Anónimo dijo...

Animo Anxo que todos sabemos que pronto conseguirás rematar o quinto libro. Morro coas ganas de saber o que vai pasar de agora en diante cos Megatoxos, asi que moitos animos.
Yoel

Unknown dijo...

Anxo, todos temos moitas ganas de saber que pasa cos Megatoxos. Por que non sae xa a venta o libro 5? Xa fai tempo que saiu o 4, e teño moitas gansa de seguir lendo. Por favor, gustaríame que me explicaras por que tarda tanto en sair.
Grazas

Noh Pereira dijo...

Ola Anxo... non funciona o enlace para descargar o calendario... Ohhhhh

Anxo Fariña dijo...

O dos soños é un tema que me encanta. De feito en moitos dos meus libros os protagonistas teñen sempre estraños soños que as veces confunden coa realidade.


Grazas pola espera, amigos. O 5º libro vai saír en outubro.
Xa sei que foi moita a espera, mais agardo que o libro nos vos decepcione.
Desta volta está ambientado en na medioevo xaponés, entre pazos, samurais e ninjas.

BrisaMinami dijo...

Anexo son jessica e tes razón a espera valeu a pena jajaaj encantoume bueno o final da ganas de mais jajajaja segue así e cando poidas pasa por valga un saudo