Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

19/9/13

Os Megatoxos e os Templarios da Luz.


Ola, amigos e amigas.

Como ben sabedes, estou a reeditar os primeiros volumes dos Megatoxos na miña actual editorial, Xerais. Nestas novas publicación decidín revisar e ampliar os textos antigos, e así engadir moitas páxinas que na anterior edición quedaran no portátil.
O último libro reeditado é o terceiro: Os Megatoxos e os Templarios da Luz.

Como mostra, vos deixo unha imaxes que corresponden co proceso da elaboración da portada.
Apertas!

PD: Para os que pensaban que non escribiría máis libros dos Megatoxos, estades trabucados!!! Como se pode intuír polo post anterior, estou a preparar un quinto libro dos Megatoxos. Ademais, o debuxo de Ruxe da unha pista do lugar onde viaxarán os nosos amigos. Alguén xa o adiviñou?





2 comentarios:

Yoel Diamond dijo...

Que ben que xá estés co libro numero cinco, en verdade faste derrogar pero de seguro vale a pena a espera. E sobre o país, notase cal e pola bandeira e pola katana.

Anxo Fariña dijo...

Moi ben ;-)

Xa veredes como o 5º libro non vos decepciona: Ninjas, samurais, dragóns, katanas, castelos…

Non o podedes perder.