Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

25/9/14

Os Megatoxos e o dragón de xade. MEGATOXOS 5

Xa chegou, amigos. O mellor e máis agardado libro de Os Megatoxos. Non me chegan as palabras para contarvos o encantado que estou con esta nova entrega ambientada no Xapón. Nestes días irei desvelando máis acerca do seu contido, da historia dos auténticos superheroes galegos. Ninjas, dragóns, aparicións xaponesas, a infancia oculta de Faísca e Ruxe, a "amizade especial" entre Lúa e Ezbel, unha boda entre a nobreza medieval xaponesa…

Sabiades que é a primeira saga xuvenil que chega ao seu quinto número en Galicia e escrita en galego? Pois si, ata o de agora ningún escritor en Galicia lograra esa fazaña, e estou moi contento, xa que se o conseguín e grazas a vós. Se non fose polos vosos azos a agarimo, os Megatoxos nunca poderían chegar onde chegaron.



Nuns poucos días poderédelo atopar nas vosas librerías favoritas, e se non podedes agardar, xa podedes mercalo online!!!! 
Está editado con Xerais no seu espectacular formato cun acabado impecable.
Algúns enlaces onde xa o podedes encargar:

Pronto disponible en ebook nas diversas plataformas.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Beeeeeeeeeeeeeeeeeen!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! :-D

BrisaMinami dijo...

Deus anxo COI xenial ata me emociones e xa teño ganas do 6° JAJAJAAJ o final e un pouco triste pero e un súper libro segue así a miña enoraboa dunha alumna do ies de Valga un placer volver ler os megatoxos e segue con esta magnífica saga un bico moi grande de Jessica

Anxo Fariña dijo...

Grazas, Jessica.
Non te preocupes que gardo moitas sorpresas para o próximo libro. As veces as cousas non son o que parecen…
Non vou contar moito para non desvelarlles a historia aos que aínda non a leron.


Un bico, desde Vigo.

Anónimo dijo...

ahhh que guai encantanme os megatoxos e a chave da atlantida tamen

Anónimo dijo...

Encantanme os Megatoxos xa lein os 4 primeiros libros e espero con ansia o 5. Ten pinta de ser moi emocionante. TEndo en conta que o de A cara oculta de Lua aclarou moitas cousas, pero deixa outras moitas preguntas.

Anxo Fariña dijo...

Grazas, Anónimo ;-)

iria_🌊 dijo...

Cando vai sair o proximo libro???

Anónimo dijo...

eso é verda cando vai sair

Anxo Fariña dijo...

O próximo libro sairá para o vindeiro ano. Precisamente agora estou traballando nel :)

BrisaMinami dijo...

Xenial Anexo fixo que nos vas sorprender a todos

iria_🌊 dijo...

Espero que nos sorprendas es un gran escritor

Anónimo dijo...

Pa cando tara mais ou menos???

Anónimo dijo...

O proximo libro tara a principios , a mediados ou a finais do 2016???

Anónimo dijo...

eso pa cando tara?