É certo amigos. Non levan nin uns días
a venta e xa entraron na lista dos máis vendidos do mes pasado
(Fonte: caderno da crítica, por Ramón Nicolás). Estou que morro
coa impaciencia por saber a vosa opinión!!!
Tamén desde aquí quero destacar as
fermosas palabras que me adicou Manolo Bragado, desde o seu blogue
Brétemas:
"Non debe pasar desapercibida a publicación d’ Os Megatoxos e o dragón de xade, a quinta entrega da serie escrita e ilustrada por Anxo Fariña. A que é a saga xuvenil da literatura xuvenil galega máis veterana e con maior número de títulos, como tamén a que conta con máis lectores (máis que entusiastas), viaxa ao Xapón medieval de ninjas e samurais coa intención de evitar un terrible terremoto. Como nos libros anteriores, os catro superheroes galegos continúan buscando cura para a súa mutación xenética provocada polo Toxo, unha planta mutante que permite viaxar no espazo e no tempo. Aventuras, amor, fantasía, loitas, enigmas, mitos, coñecemento científico, histórico e xeográfico, continúan sendo compoñentes principais destes libros de lectura engaiolante, adictiva, que provocan o entusiasmo dos seus siareiros. Como estimulantes son para crear interese pola historia de Galicia en diálogo aberto con diversas culturas e civilizacións.
Mención á parte da serie merece a singularidade e espectacularidade da creación visual de Anxo Fariña. Utilizando a cultura manga, un trazo rotundo, que non impide a precisión dos detalles, é capaz de dotar a cada un dos personaxes da serie dunha personalidade moi recoñecible para os seus siareiros. Outrosí sucede co coidado da ambientación histórica e paisaxística, que nesta quinta entrega acada nalgunhas imaxes un altísimo nivel. Como editores sabemos que dende hai sete anos, cando apareceu o primeiro título na editorial A Nosa Terra, cada unha das seguintes entregas dos Megatoxos foi unha beizón para esa dificil tarefa de facer novos lectores para o a lingua galega na preadolescencia. Que máis se lle pode pedir? Toda a nosa gratitude e parabéns por esta proeza para Anxo Fariña."
6 comentarios:
Moitisimos parabéns Anxo, parece que cada día os teus libros dos Megatoxos fanse máis populares.
Eu xa estou agardando a que estea na libreria que esta preto da miña casa. Xa morro das ganas de compralo.
Digo o mesmo que Joel eres fantástico a minha noraboa bicos dunha rapaza de Do ies de valga e morro con final quero xa o 6° JSJAAJAJAAJA para saber o desenlace jajaja un forte bico e abrazo
Grazas Jessica!!
Estou encantado con que seas a primeira lectora que coñezo que xa rematou o libro. Para o 6 terás que agardar… esperemos que non moito. ;-)
Grazas, Yoel.
Xa verás como este libro non te defrauda, púxen todas as miñas enerxías nel. Gustoume tanto escribilo, que non quería que rematase.
Ola , Anxo. Noraboa, cinco libros seguidos sen nada q rexeirar. Espero q os folgos que che sobraron do anterior e as ganas de escribir se reflexen no tomo 6. Por certo, estou a escribir un cómic, pero nada mais comezar atragoeime. Te pasara esto algunha vez? Como se resolven estes bloqueos? Rapaza precisa auxilio!!
Grazas, anónima ;-)
O libro 6 está xa dando voltas na miña cabeza.
Se o bloqueo é moi grande, o mellor é comezar de novo de cero.
Se é un bloqueo pequeno, o mellor e despesares, facer outra actividade ou proxecto, para retomar o inicial coa mente máis liberada.
Publicar un comentario