Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

19/7/17

Na Feira do libro da Coruña


O martes 1 de Agosto ás 20:30 estarei na Feira do libro da Coruña asinando e facendo debuxos aos que leven un libro d`os Megatoxos ou de 4_Xinetes (4_Jinetes en castelán). 
Os que merquen alí un libro de 4_Xinetes levarán un agasallo especial!
Estarei na caseta da Librería Lume na Feira que está situada nos Xardíns de Méndez Nuñez.
Vide todos ;)

2 comentarios:

Unknown dijo...

Hola Anxo boas tardes,quería preguntarche se alí tamén podería comprar a saga dos megatoxos enteira o solo poñeras á venta o teu novo libro,bicos.

Anxo Fariña dijo...

Pois claro, Salma.
Xa avisarei nesa caseta e nas outras que teñan Megatoxos e tamén A chave da Atlántida ;)