Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

29/11/17

Sinaturas no Culturgal 2017

Ola, amigas e amigos.
O próximo sábado 2 de decembro estarei no Culturgal, en Pontevedra asinando libros. Será ás 17:35 no stan de Xerais. Se queres un debuxo dos Megatoxos no teu libro tes que bulir!

Tamén levarei uns marcapáxinas especiais de agasallo.

Espérovos a todos! :) 

No hay comentarios: