Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!
Mostrando entradas con la etiqueta Faísca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Faísca. Mostrar todas las entradas

16/4/14

Canón de lume!


Ola, amigos.

Xa queda menos para que o 5 libro dos Megatoxos esté nas librerías. Nuns meses poderedes ler o libro máis incrible da saga.

Como entrante, vos deixo un bosquexo de Faísca realizando a súa coñecida técnica: “canón de lume”. Está feito utilizando un Ipad e un stylus de wacom. Que vos parece?

3/10/12

Os Megatoxos e a espada esmeralda


Ola amigos.

Despois dun tempo sen escribir volvo ao blog para anunciar novidades. Xa está nas librerías a nove edición na editorial Xerais de “Os Megatoxos e a espada esmeralda”. Tal e como fixen no libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída", hai moitas novidades nesta nova edición que agardo vos gusten. A historia amplíase con máis detalles sobre os personaxes da saga e sobre as súas vidas.

Como curiosidade vos podo contar que a idea da espada esmeralda chegoume nun soño moi parecido ao que ten Faísca no libro. Lembro que, cando acordei, custábame traballo saber se xa saíra do soño, ou aínda estaba nel. Vaia pesadelo!
A algún de vós vos pasou algo semellante? Algún acordou dun pesadelo pensando que aínda estaba nel?


Fixádevos no aspecto que ten o libro! Estou encantado co resultado da edición e a nova portada.

Nuns meses, principios do 2013 veredes nas librerías a reedición do terceiro libro dos Megatoxos: Os Megatoxos e os templarios da Luz.
AH! e se queredes o calendario de 2012 dos Megatoxos, podedes descargalo aquí.


Para os que acaban de chegar a colección velaí vos deixo a sinopse do libro.
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos mestúranse nunha situación que porá a proba a súa amizade.



15/11/10

TI creas a historia

Dentro duns días toda a información sobre "Ti creas a historia"

28/9/10

Faísca ten problemas co seu pasado


Ola a todos/as

Como sempre agradecervos as vosas mensaxes, pois me axudan a escribir e debuxar cada vez que me fallan as forzas.

Para que non se vos faga tan longa a espera polo 4º libro, subo unha imaxe del.

E vos preguntaredes... Que lle acontece a Faísca? Por que ten unha fotografía queimada na man? Terá que ver o debuxo co que acontece no final do 3º libro (Os Templarios da Luz)?

No cuarto libro saberemos máis datos do pasado dos personaxes que sen dúbida marcarán o seu futuro. Moitas veces pensamos que non nos afecta, pero feitos ocorridos hai anos poden saír a luz no noso comportamento posterior. Eses feitos do pasado de Faísca farán moi complicada a relación do mozo co resto do grupo, en especial con Ninfa. O resultado? Xa o veredes...

Espero que non se demore moito a saída as librerías do próximo libro dos Megatoxos, pois neste momento, xa non depende de min senón da editorial.

Un saúdo e até o próximo post, que prometo escribir nuns días, e no que subirei un avance da cuberta do libro.


3/3/08

Xa queda menos para a segunda parte de Os Megatoxos


Cando xa teña a data o comunicarei con tempo para que esteades atentos as librerías. Engado outro avance do libro, espero que vós guste.