Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!
Mostrando entradas con la etiqueta 4 jinetes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4 jinetes. Mostrar todas las entradas

19/7/17

Na Feira do libro da Coruña


O martes 1 de Agosto ás 20:30 estarei na Feira do libro da Coruña asinando e facendo debuxos aos que leven un libro d`os Megatoxos ou de 4_Xinetes (4_Jinetes en castelán). 
Os que merquen alí un libro de 4_Xinetes levarán un agasallo especial!
Estarei na caseta da Librería Lume na Feira que está situada nos Xardíns de Méndez Nuñez.
Vide todos ;)

7/3/17

Presentación en Vigo de 4 Xinetes

Estades convidados á presentación na Casa del Libro de Vigo da niña novela 4 Xinetes. Tomate nota: 0 16 de marzo ás 19:30.

Todos os que merquen o libro recibirán un agasallo. Sortearei mugs de deseño exclusivo entre os asistentes que tamén poderán desfrutar duns doces de parte da pastelería creativa La artesa.
Animádevos a vir ;)

18/1/17

Regáloche un libro


Es BloggerYouTuber ou Booktuber?
Queres ser o primeiro en ler a miña novela 4 Jinetes?
 Entón enche o formulario, escríbeme e mándoche un libro ;)

10/1/17

4 Xinetes

Aproxímase a hora.
O terceiro xa está aquí e o cuarto vai chegar.
A escuridade petou na miña porta, eu abrinlle e abraceina.
Axiña ha petar na vosa.

Será diferente,
porque eu son un dos que xa chegou.
As tartarugas nadan
e, nunha diminuta illa, hai un profundo pozo.
O cuarto vai chegar.

As tartarugas nadan,
o corazón xa non existe
e, nun remoto avión, todos morren.

O cuarto vai chegar.

29/12/16

Xa a teño! A miña novela 4 Jinetes

Aínda hai que agardar un pouco para a versión en galego de 4 JINETES, pero este xa se pode mercar na preventa en Amazon ou noutras librerías. Pero se estades impacientes, neste enlace podedes descargar de balde o principio do libro. Coidado que engancha! ;)

21/12/16

4 JINETES (4 Xinetes)


Este é un adianto da miña próxima novela young-adult 4 JINETES… Sairá en febreiro do 2017 en galego (4 Xinetes) e en castelán ao mesmo tempo. Aqueles aos que lles guste o misterio e as emocións fortes están de noraboa. Nun mundo en caos, só nos queda a amizade e o amor.