Os Megatoxos
18/12/17
Xa está Megatoxos 6!!!!
Xa teño nas mans o novo libro dos Megatoxos e a batalla de Rande. O "malo" é que vós teredes que ter un pouco máis de paciencia. Estará nas librarías en Xaneiro. Os que non poidan agardar poden ir a preventa en portais tipo Amazon, El Corte Inglés, La casa del libro, etc.
En calqueira caso pódovos dicir que... quedou alucinante! Xa subirei máis fotos ;)
Aproveito para dicirvos que (por fin) teño conta en Instagram e que podedes seguirme: @anxofarina
29/11/17
Sinaturas no Culturgal 2017
O próximo sábado 2 de decembro estarei no Culturgal, en Pontevedra asinando libros. Será ás 17:35 no stan de Xerais. Se queres un debuxo dos Megatoxos no teu libro tes que bulir!
Tamén levarei uns marcapáxinas especiais de agasallo.
Espérovos a todos! :)
19/7/17
Na Feira do libro da Coruña
16/4/14
Canón de lume!
14/3/14
Os Megatoxos no Salón do Libro de Pontevedra.
19/12/13
Bo nadal dos Megatoxos
Unha forte aperta para todos os seguidores dos Megatoxos. Como podedes ver na postal, inclúo outra pista sobre o próximo libro dos Megatoxos.
Felices Festas!
23/3/12
Presentación: Os Megatoxos e o aprendiz de druída.

Hoxe venres 23 de marzo presentarei o libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" no salón do libro de Pontevedra, ás 19:00 horas. Estades todos convidados!
26/12/11
18/11/11
Sobre a presentación da Chave...

10/10/11
Reedición!
Ola, amigos!
Xa estou de volta despois das vacacións. Coma sempre, utilicei estes días para viaxar e coñecer un pouco deste marabilloso planeta no que vivimos. E desta volta estiven nas antípodas, en concreto en Nova Zelandia. Un fermoso e incrible país que en certos momentos recordábame a Galicia. Tanto que incluso descubrín que alí tamén había toxos! Así que é posible que algún día os meus queridos Megatoxos pasen por Nova Zelandia, quen sabe...
Teño para vós moi boas novas. Como todos sabedes, agora podedes atopar nas librerías o 4 libro dos Megatoxos publicado por Xerais. Mais era imposible conseguir calquera dos tres primeiros libros, pois estaban esgotados. E agora... sorpresa! Xerais vai reeditar os tres primeiros libros dos Megatoxos no mesmo formato que o cuarto. Para esta nova edición vounos revisar e ampliar con novos detalles que no seu momento quedaran no tinteiro.
O primeiro libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” sairá a principios de 2012, xa vos concretarei a data.
Como podedes imaxinar, estou moi contento e cheo de ilusión por este novo comezo editorial.
MEGATOXOS POWER!
A imaxe é dalgo moi curioso que atopei en Nova Zelandia. Serán os ovos dun dinosauro mariño? Ou pegadas dos extraterrestres? Que pensades vós?
15/11/10
11/1/10
2010. Grazas a ti, lector.

28/9/09
Xa están aquí!
13/2/08
Os Megatoxos de xira.

6/2/08
Os Megatoxos
Apertas, Anxo Fariña.







