Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!
Mostrando entradas con la etiqueta preguntas frecuentes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta preguntas frecuentes. Mostrar todas las entradas

27/6/19

Sinatura ilustrada en Vigo. Mércores 3 de xullo ás 18:30

Ola, amigos. Se queredes un debuxo nun dos vosos libros, aproveitade! Estarei na Feira do libro de Vigo o 3 de xullo ás 18:30.
Pasade tod@s ;)

PD: si, esa foto miña xa ten algúns anos... XD

19/7/17

Na Feira do libro da Coruña


O martes 1 de Agosto ás 20:30 estarei na Feira do libro da Coruña asinando e facendo debuxos aos que leven un libro d`os Megatoxos ou de 4_Xinetes (4_Jinetes en castelán). 
Os que merquen alí un libro de 4_Xinetes levarán un agasallo especial!
Estarei na caseta da Librería Lume na Feira que está situada nos Xardíns de Méndez Nuñez.
Vide todos ;)

26/1/17

Xa estou en Instagram

Pois si, amigos. Por fin xa teño unha conta en Instagram.

Poderedes atoparme en:

https://www.instagram.com/anxofarina/

@anxofarina


11/1/10

2010. Grazas a ti, lector.


En primeiro lugar quero agradecer a todos os seguidores dos Megatoxos o voso apoio, sen el, esta colección non tería chegado ao terceiro volume. Grazas a vós o que nun principio naceu como un soño, hoxe é o universo particular de Ninfa, Ruxe, Faísca, Lúa... Si, grazas a ti lector, que escolles aos Megatoxos nas librerías estes poden seguir existindo e vivindo contigo as súas apaixonantes aventuras. Grazas por ter paciencia ao ler este blog, pois xa sei que vou moi lento actualizando e contestando as vosas preguntas. Isto ten unha explicación sinxela, entre escribir, debuxar e visitar os institutos apenas me queda tempo. Pero este ano 2010 prometo ter o blog máis actualizado e ir contestando as vosas preguntas. Seguide escribindo!!! Me encanta recibir os vosos comentarios.

RESPOSTAS A PREGUNTAS COMÚNS NO BLOG:

--Sobre o 4º libro dos Megatoxos.
O 3º libro aínda acaba de saír hai pouco así que para o 4º teredes que agardar. Iso si, xa vos adianto que claro que haberá un cuarto libro dos Megatoxos, e que xa estou preparando o material para empezar a escribir.

--Sobre o final do 3º libro, "Os Megatoxos e os Templarios da Luz"
Moitos me pedides que explique o final do libro. Tedes que entender que aínda hai moitos mozos e mozas que non o leron aínda, así que non podo desvelar segredos. Os que esteades preocupados por Ninfa e Faísca tedes que ter paciencia e esperar polo seguinte libro, espero que aí se despexen as vosas dúbidas... ou quizais non? Xa sabedes que nos Megatoxos nada é o que parece.

--Sobre a miña técnica artística.
Se vos fixades no POST da portada do 3º libro (ver máis abaixo), vese claramente o proceso de ilustración. Primeiro un bosquexo rápido, para fixar a idea. Despois traballo a lapis azul. O seguinte paso é o entintado con rotuladores e plumilla. A partir de aquí o color leva varios procesos, o tradicional e o dixital. O tradicional feito con témpera, acuarela y acrílicos. No dixital, escaneo para traballalo en Photoshop con posterioridade. Hai moitos programas, pero para min este é o mellor.

--Visitas aos colexios e institutos.
Xa sabedes que me gusta viaxar moito e estar en contacto con vós (os lectores), así que si non me vedes en feiras do libro ou similares, podedes intentar que vaia de visita ao voso centro de estudos. Como? é moi fácil. Tedes que falar co voso profesor/a para que se poña en contacto comigo directamente, ou coa editorial Xerais.