Os Megatoxos
27/6/19
Sinatura ilustrada en Vigo. Mércores 3 de xullo ás 18:30
Pasade tod@s ;)
PD: si, esa foto miña xa ten algúns anos... XD
16/2/18
Presentación e sinatura ilustrada en Vigo
O venres 23 de febreiro ás 19:30 presentarei o novo libro dos Megatoxos.
Será na Casa del Libro de Vigo. Rúa Velázquez Moreno, 27.
Ao rematar, farei unha sinatura ilustrada. Así se queres que che faga un dos teus personaxes favoritos nun libro, aproveita!
Espero que veñades tod@s!
18/12/17
Xa está Megatoxos 6!!!!
Xa teño nas mans o novo libro dos Megatoxos e a batalla de Rande. O "malo" é que vós teredes que ter un pouco máis de paciencia. Estará nas librarías en Xaneiro. Os que non poidan agardar poden ir a preventa en portais tipo Amazon, El Corte Inglés, La casa del libro, etc.
En calqueira caso pódovos dicir que... quedou alucinante! Xa subirei máis fotos ;)
Aproveito para dicirvos que (por fin) teño conta en Instagram e que podedes seguirme: @anxofarina
8/11/16
Preparade os canóns!
ACTUALIZACIÓN:
A editorialdecidiu pospoñer o lanzamento ata principios do 2018. Paciencia amigos ;)
Ola, amigos.
A principios de 2017 o sexto libro dos Megatoxos sairá a navegar! Si, navegar. Xa que Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca terán que intervir na fabulosa Batalla de Rande.
Aquí vai un adianto ;)
2/3/16
Quetzalcoatl
16/12/14
Presentación no Culturgal 2014
6/10/14
Os Megatoxos e o dragón de xade no top de ventas en setembro
25/9/14
Os Megatoxos e o dragón de xade. MEGATOXOS 5
19/9/13
Os Megatoxos e os Templarios da Luz.
O último libro reeditado é o terceiro: Os Megatoxos e os Templarios da Luz.
16/7/13
3/10/12
Os Megatoxos e a espada esmeralda
24/5/11
MEGATOXOS 4!!!!!!
Ola, amigos e amigas.
Teño dúas novas que darvos: unha boa e unha mala.
A mala. Aínda non fun quen de solucionar o problema cos tres primeiros volumes dos Megatoxos (ver post “Os Megatoxos en perigo”). Así que polo de agora teredes que agardar pacientemente por unha reedición dos mesmos. Me encantaría que ese tema estivese xa resolto, que imperase a cordura nos dirixentes de Promocións Culturais Galegas (A Nosa Terra) e que me devolvan o que é meu, e por dereito perténceme. Mentres tanto, pídovos paciencia e sigo agradecendo as numerosas mostras de apoio recibidas. Só por vós paga a pena loitar!
E agora a boa nova: En dúas ou tres semanas... OS MEGATOXOS 4 estarán nas librerías!. Si, xa sei que tardaron moito, pero garántovos que a espera pagará a pena. Nova editorial, novo logotipo (xa está na cabeceira do blog), novo aspecto exterior e guía de personaxes no interior... en resumo: UNHA MARABILLA! Eu persoalmente estou encantado con este libro, sobre todo tendo en conta o mal que o pasei por culpa da outra editorial. Cheguei a pensar que era o fin dos meus queridos Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa. Mais non. Atopei unha nova editorial con xente estupenda que me apoia, e a cal encántanlle os Megatoxos.
En dúas ou tres semanas poderedes descargar un PDF cos primeiros capítulos de balde. E, mentres tanto... o proceso creativo dunha ilustración para que vaiades vendo o que está por chegar.


9/8/10
MEGATOXOS 4
8/12/09
Xa nas librerías o 3º libro dos Megatoxos
28/9/09
Xa están aquí!
13/2/08
Os Megatoxos e o aprendiz de druída. 2ª edición!!!


















