Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!
Mostrando entradas con la etiqueta Megatoxos 2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Megatoxos 2. Mostrar todas las entradas

3/10/12

Os Megatoxos e a espada esmeralda


Ola amigos.

Despois dun tempo sen escribir volvo ao blog para anunciar novidades. Xa está nas librerías a nove edición na editorial Xerais de “Os Megatoxos e a espada esmeralda”. Tal e como fixen no libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída", hai moitas novidades nesta nova edición que agardo vos gusten. A historia amplíase con máis detalles sobre os personaxes da saga e sobre as súas vidas.

Como curiosidade vos podo contar que a idea da espada esmeralda chegoume nun soño moi parecido ao que ten Faísca no libro. Lembro que, cando acordei, custábame traballo saber se xa saíra do soño, ou aínda estaba nel. Vaia pesadelo!
A algún de vós vos pasou algo semellante? Algún acordou dun pesadelo pensando que aínda estaba nel?


Fixádevos no aspecto que ten o libro! Estou encantado co resultado da edición e a nova portada.

Nuns meses, principios do 2013 veredes nas librerías a reedición do terceiro libro dos Megatoxos: Os Megatoxos e os templarios da Luz.
AH! e se queredes o calendario de 2012 dos Megatoxos, podedes descargalo aquí.


Para os que acaban de chegar a colección velaí vos deixo a sinopse do libro.
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos mestúranse nunha situación que porá a proba a súa amizade.



5/9/08

Póster Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Este é o proceso de creación do póster. Preme nas imaxes para velas máis grandes.


28/4/08

XA ESTÁ A SEGUNDA PARTE DOS MEGATOXOS!!!

Xa podes mercar na túa libraría, a segunda parte do libro Os Megatoxos, titulado: Os Megatoxos e a espada esmeralda.
E para os que non poden agardar, poden descargar un dos primeiros capítulos do libro de balde neste enlace:
Preme aquí
Neste outro enlace unha nova sobre a publicación:
Nova
Xa me contaredes que vos parece.

Apertas!!!

1/4/08

Os Megatoxos e a espada esmeralda.

Xa falta pouco! Dentro de un mes todos poderedes gozar do novo libro dos Megatoxos. Para que vaiades facendo boca aí vai a portada do libro. E para a semana que ven colgarei do blog un capítulo do libro para que o podades descargar de balde.