Os Megatoxos

Benvidos ao blog dos Megatoxos. E quen son os Megatoxos? Son catro mozos: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.? E todo isto sae da cabeza do seu autor: ANXO FARIÑA, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros. Non o dubides e deixa o teu comentario!

21/12/16

4 JINETES (4 Xinetes)


Este é un adianto da miña próxima novela young-adult 4 JINETES… Sairá en febreiro do 2017 en galego (4 Xinetes) e en castelán ao mesmo tempo. Aqueles aos que lles guste o misterio e as emocións fortes están de noraboa. Nun mundo en caos, só nos queda a amizade e o amor.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece un libro muy interesante. Estoy deseando leerlo y también estoy deseando que salga Os Megatoxos 6.

Anxo Fariña dijo...

Non te preocupes que xa lle queda menos ;)

Anónimo dijo...

Ola Anxo! Son Paula, non sei se me recordas,o mes pasado visitastes o meu colexio e che din un traballo sobre A Chave da Atlántida. Espero que che gustara. Para Fran o mellor descubremento foi o continente, para min foi o libro en xeral. E outra cousa, estou escribindo un libro propio, cos meus personaxes... Pero teño un problema, os catro protagonistas se parecen aos megatoxos, pero non quero plaxialos, xa que están basados nos meus amigos. ALGUN CONSELLO PARA UNHA ESCRITORA NOVA!!!URXENTE!!!

Anxo Fariña dijo...

Encantoume o que fixeches, tes moito talento :)

Como consello dicirche que vaias pouco a pouco. Pensa ben as historias e os personaxes, que son moi importantes. E sobre todo, soña, escribe e deixa voar a imaxinación.

Anónimo dijo...

Moitas grazas,encántanme os teus consellos, son xeniais. Ésta mañá chorei de emoción porque a miña profesora agasalloume Os Megatoxos e o aprendiz de druida. A portada está moi ben. Ánimo se vas facer unha segunda parte de A Chave da Atlántida, o estoy recomendando aos meus amigos e seguro que a secuela saería xenial. Moitos bicos.